Hai agora dous anos, grazas á vosa axuda a través desta plataforma, conseguimos editar o primeiro volume do Bestiario. Dende entón, o proxecto non parou de medrar: contamos cun espazo semanal no medio dixital Praza Pública, e outro dende o mes de setembro no programa de deportes da Radio Galega, Ao Contrataque de Pedro Pablo Alonso.
Chega o momento de recuncar: 'Bestiario do Vestiario- Segundo Tempo' reúne eternas promesas, ídolos caídos, xornalistas deportivos fallidos, revolucionarios sobre rodas, emperadores e nazis derrotados na cancha, tramposos, artistas obsesionados co xogo e tamén, por suposto, algún que outro recordo de infancia.
Botádesnos unha man? Animádevos e gozaredes das biografías dos personaxes máis fascinantes da Historia do Deporte.
Quen somos?
Martiño Suárez (Burela, 1978): o da esquerda da foto. Xornalista, escritor por encarga e músico de Segunda División B.
Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977): o da barba. Xornalista, humorista, actor, novelista, agora editor... unha sorte de feirante renacentista.
Sobre as recompensas
Colabora con nós facéndote con algunha das recompensas que ofrecemos, todas elas teñen que ver co traballo creativo de Martiño Suárez e Carlos Meixide.
Explicamos sinteticamente as opcións de que dispoñedes:
A que destinaremos as vosas achegas
O obxectivo é atinxir os 2.500€ para cubrir os gastos de:
Impresión de 500 exemplares
Deseño e maquetación de Roi Fernández
Promoción e envíos
A posibilidade de comprar o libro por anticipado supón unha maneira de apoiar o proxecto dende o inicio.
Verkami ofrécenos unha fermosa xanela para mostrar o espírito do noso traballo e dálo a coñecer a todas as persoas que poidades estar interesadas, para que vos poidades converter non só en compradores, senón tamén en financiadores dun proxecto que vos presta e do que queredes formar parte coa vosa achega.
Calendario previsto
O noso desexo é ter o libro dispoñible a finais de novembro para a súa presentación pública no Culturgal.
Desta maneira, poderemos realizar as entregas e envíos antes do Nadal, para que o Bestiario do Vestiario-Segundo Tempo', sexa o agasallo perfecto para as vosas persoas máis queridas.
3 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
hectorfrancesch
Saúde e Forza!
[email protected]
Mucha suerte, Martín!
Isabel Iglesias Perez
Vamos Martín🚴🏻🚴🏻🚴🏻🚴🏻