"A COMPAÑÍA DO RUÍDO"
É una banda galega integrada por seis persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca a ironía das súas letras, que mandan mensaxes combativos a través de ritmos bailables e divertidos, dende o folk ao rock, pasando polo ska, punk, reggae, entre outros.
"PENSARES GALEGOS"
En esta ocasión queremos gravar un novo traballo, “Pensares galegos”, que incluirá nove cortes da banda, dous temas extra dos “Diplomáticos de Montealto” e “Zënzar”, así como unha escolma de “cantares” tradicionais da terra.
Non se trata só de un disco máis da “Compañía”, senón dun proxecto máis amplo, transversal e integrador da cultura galega; dende o máis tradicional ao máis actual e do que podedes formar parte!
Case todos os discos de “A Compañía do Ruído” están fabricados artesanalmente pola propia banda e, como non podía ser menos, en esta ocasión temos preparado un deseño que poderedes montar na casa: Un kit de auto-montaxe!!
EQUIPO DE CREADORES
Para levar a cabo este proxecto contamos coa participación de técnicos, deseñadores, pequenas fábricas de edición de CDs e músicos de Galicia tales como Tomás Ageitos, Culturactiva, ou Jesús Parada, entre outros. Eles son só unha parte das persoas que contribúen á realización do CD, podendo así amosar os seus grandes coñecementos e, asemade, dar boa conta da calidade artística e musical do panorama galego do momento.
"A FESTA PARA QUEN A TRABALLA"
Os 2200 euros recadados servirán para realizar o deseño gráfico, a gravación no estudio “La Casita” (Riveira), a mistura e masterización no estudio “A Ponte” (Bertamiráns), ademais das copias físicas, o envío do produto e a promoción do novo CD.
Co crowdfunding queremos ter a posibilidade de participar nas artes sen depender da industria discográfica, de cadeas de distribución ou de subvencións. Ao mercalo directamente aquí, garántese a distribución do produto sen necesidade de tendas nin grandes superficies.
A banda benefíciase do voso aporte como mecenas e vós tedes a oportunidade, por exemplo, de gravar voces nun estudio ou de acadar concertos a baixo custo co engadido, ademais, de CDs para a súa venda e financiamento do voso festival.
"O QUE É MEU, É MEU, É MEU, O QUE É NOSO, E MÁIS DE NINGUÉN"
O proxecto que vos presentamos ascende a 2200 euros e temos 30 días para acadalos. O método (crowdfunding) implica que vós mercades agora as ofertas que aquí se presentan (descarga do CD, copias físicas, actuacións,...) e, coas vosas achegas, nós facemos este proxecto realidade. Cando teñamos todo listo, recibiredes as recompensas nas que participáchedes e, por suposto, a nosa gratitude.
Se non chegamos aos 2200 euros en 30 días non poderemos realizar o proxecto e, polo tanto, non se vos cobrará a axuda.
ENLACES DE INTERESE
Facebook / Bandcamp / Vimeo / Cultura Activa
CONTACTO
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.