Dámosvos a benvida ao noso pequeno mundo de mulleres artistas
Asociación 85C xorde en 2016 como unha colaboración entre varias amigas e artistas co obxectivo de dar visibilidade ao traballo da muller na arte e de poñer en valor o seu papel na historia e na sociedade.
Organizamos todo tipo de encontros artísticos, festas e actividades, buscando sempre a mestura de propostas distintas. Esta é a característica que máis nos define: a aposta por novos formatos e pola irmandade entre disciplinas artísticas!
Desde 2016 ata hoxe as nosas ambicións creceron ao mesmo ritmo que a familia artística que unimos aos poucos e é por iso que estamos aquí, por terceiro ano consecutivo, para presentarvos o III Festival 85C!
Este 2018 decidimos dar o salto a Verkami e pedir a berros a vosa axuda!
Queremos, por primeira vez, que poidades vestir camisolas de 85C e teñades, por fin, unha bolsa na que gardar os fanzines.
Recompensas 85C!
Temos preparada unha edición limitada 85C 2018 esperando a saír do forno:
- ARTISTAS EN LOITA! Camisolas fresquiñas, atemporais e con conciencia! É para ti, fagas arte dentro ou fóra da casa.
Contactade con nós para encargar a vosa talla.
- Fanzines 2018!
Literatura e imaxe nunha mesma publicación un ano máis! Nomes coñecidos e nomes por coñecer da escrita e do visual: 11 poetas e 11 ilustradoras e todos os estilos reunidas nun mesmo fanzine. Confiades en nós?
Prometemos unha edición tan xeitosa coma as anteriores!
- Bolsa 85C!
O ollo que controla a arte en Vigo agora en formato bolsa a 4 tintas en cores vivísimas agardando a estar cheas de todo canto poidades.
A que destinaremos as vosas achegas
O total recadado nesta campaña de Verkami empregarase para financiar a edición dos fanzines, as bolsas e as camisolas do Festival 85C 2018.
Calendario previsto
O Festival 85C 2018 celébrase nos días 7, 8 e 9 de setembro polo que as recompensas entregaranse nesas datas!
Gustaríanos reunir a todas as persoas que decidan axudar a que o noso proxecto se faga realidade nunha Festa Mecénica 85C!. Isto dependerá do tempo que tardemos en acadar o obxectivo.
En caso de que as datas de entrega das camisolas e das bolsas se retrasen por causas alleas á Asociación, buscaremos unha nova data para facer a entrega.
4 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
acacia
bravassssss
Patricia Sanchez
Veña, que si se pode!! Últimos esforzos :-)
Marina
Moito amor e foza rapazas!!
Javier Cebreiros
¡Bravo! Deseando que llegue Septiembre para volver a inspirarme.