O FestiVal das Brétemas é unha asociación cultural integrada por persoas diversas afincadas na contorna do Concello de Ponteareas (Pontevedra), chamada polas poetas Vila Néboa.
O noso colectivo pretende ofrecer un ocio feminista en galego a través da promoción de eventos durante todo o ano baixo diversos rexistros e formatos: música, cinema, literatura, obradoiros, actividades para crianzas e como non, festa, moita festa ate chegar ao mes máis festivaleiro do ano, o bretemoso mes de Setembro, no que concentramos todas as nosas enerxías en organizar un festival onde participan grupos musicais maioritariamente galegos cunha clara vontade reivindicativa.
- Bre-Tema 2018: Somos do Monte!
Desde que o tempo é tempo, sermos do monte é o que nos define, é parte da
nosa cultura e alicerce fundamental do ser do noso país, motivo de orgullo
e de defensa do noso.
Porén, sermos do monte é sermos parte dunha cultura
en extinción, unha extinción planificada e pensada desde a administración
pública que nos goberna e do capitalismo que a financia, sendo a principal
responsábel das nefastas políticas forestais, da mala xestión das
catástrofes acontecidas nos últimos tempos e do desmantelamento do noso
setor produtivo. Esa administración que apoia a mina de Touro, que lexisla
a favor do capital e en contra do noso rural, esa que vira as costas á
nosa língua e que atopa todo o seu apoio no heteropatriarcado. Esa
administración á que o único que lle quita o sono é a promoción do turismo
masivo e as grandes industrias contaminantes...
Consecuencia das malas políticas adoptadas ollamos con mágoa que a nosa
fala xa é minoritaria, alén de sempre minorizada, nas crianzas; que o noso
rural está sendo despoboado a velocidade extrema; que a sabedoría popular
de transmisión oral non fai máis que minguar; que o setor sustentado polas
mulleres do mar e da terra está a ser atacado de xeito continuo e que ante
as catástrofes coma os lumes do 2017 ficamos soas.
Porque NON QUEREMOS UN PRESENTE DE CINZAS, **porque non imos ficar caladas,
chamámosvos a combater esta situación dende dentro, con sachos, fouciñas,
caldeiros de auga e o que faga falta...**
*Deste xeito, o *bre-Tema desta edición non pode ser outro que 'Somos do
Monte', porque sermos do monte é para nós motivo de orgullo a reinvindicar
e reinventar.**
Sobre as recompensas
Temos moito amor e merchandising para repartir convosco!!
Se non viñerades ao Festival das Brétemas (28, 29 de setembro 2018), feito que nos produciría unha fonda tristura nos nosos bretecorazóns :( ... tentaríamos achegarvos as recompensas físicas, ou ben marcariamos certos puntos de recollida na Galiza.
Animaivos! Precisamos das vosas achegas para poder seguir dando gherra!
Sobre nós
Definímonos coma un soporte alternativo de música e cultura multidisciplinar que pretende visibilizar proxectos e ideas históricamente silenciadas na vila máis bretemosa da Galiza.
Dito polo propio Peman!:
A que destinaremos as vosas achegas
Dado que somos unha asociación sen ánimo de lucro e autofinanciada, precisamos da solidariedade da xente para poder autofinanciarnos e lograr os nosos obxetivos.
Por iso, as vosas achegas serán destinadas na súa totalidade á organización e realización da VII Edición do Festival das Brétemas!
Calendario previsto
As recompensas serán entregadas durante o mes de Setembro do ano 2018 para que poidades disfrutar no propio festival, dos resultados das vosas achegas.
+ Info
Páxina web Festival das Brétemas
Facebook FVB
Instagram FVB
Canle de Youtube FVB
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Mari Das Balsadas
O mellor festival do mundo enteiro!!! Parabéns
bonader
Aguaten esas bretemosas! :)