O PROXECTO:
O proxecto "Wombo Combo" nace coa vontade de amosar ao espectador a deriva virtual, en detrimento da presencial, na que se atopa a sociedade actual e, por suposto, os nosos nenos e nenas. E que mellor maneira de facelo quea través do teatro, o acto presencial, cultural e social por excelencia. As achegas que realicedes irán destinadas a sufragar os gastos derivados da creación do espectáculo. Wombo Combo estreouse o 2 de Outubro no FIOT e sería de gran axuda contar coa vosa colaboración para garantir a viabilidade da nosa empresa. Pero de que vai "Wombo Combo"? Aquí a sinopse:
Sara odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas,e ten éxito, e é imbatible nas loitas facendo "Wombo Combo". Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo: “Revamp”, onde unha misteriosa voz lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.
EQUIPO ARTÍSTICO:
Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez
Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli e Yanina Torres
Espazo sonoro e músicas: Davide González e Martín Rodríguez
Deseño Iluminación: Nacho Martín
Deseño Imaxe: Andrea Ures
Dramaturxia: Paula Carballeira
Dirección: Davide González
AS RECOMPENSAS:
Recompensa Computer: Aportiación 10€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo.
Recompensa Loirus Rex: Aportación 20€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo + marcpaáxinas + imán.
Recompensa Revamp: Aportación 35€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo + marcapáxinas + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex.
Recompensa Berni: Aportación 50€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex + camiseta Loirus Rex ou Wombo Combo.
Recompensa Sara: Aportación 200€. Aparición no cartaz como patrocinador do espectáculo + marcapáxinas + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex + camiseta Loirus Rex ou Wombo Combo.
Recompensa Wombo Combo: Aportación 1000€. Aparición no cartaz como patrocinador do espectáculo + spot para redes + marcapáxinas + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex + camiseta Loirus Rex ou Wombo Combo
QUEN SOMOS:
Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez e especializada no público familiar, a súa liña de traballo esténdese desde a formación artística ata a produción de espectáculos de pequeno e gran formato. Algunhas das pezas que percorren gran parte do territorio galego son: “Comechíns, segundo prato”, “Entre Bechos Anda o Conto”, “Muiñada” ou “Carabela”. Neste 2022, Galeatro vén de estrear o seu primeiro espectáculo para público adulto en coprodución co Centro Dramático Galego “Arte sen Guión”, unha especulación escénica de como podería ter sido o teatro medieval en lingua galega. No eido da formación, Galeatro está presente en escolas de teatro de Bergondo, Carballo, Coruña, Oleiros e Ordes. Conta con máis de 200 alumnos e alumnas que grazas a estas actividades xa forman parte, dalgunha maneira, do sistema teatral galego.
Galeatro naceu coa vontade de promover a creación escénica contemporánea en lingua galega, contando para iso con dramaturgos e dramaturgas galegas vivas. Mostra disto son os seus espectáculos de sala “Muiñada” e “Carabela”, escritos por Ana Carreira e Paula Carballeira, respectivamente. Para esta nova produción de teatro familiar, que leva por título “Wombo Combo”, volveremos contar na escrita coa dramaturga e creadora Paula Carballeira.
A que destinaremos as vosas achegas?
As vosas achegas irán destinadas a cubrir os gastos derivados da escenografía, do vestiario e do material de iluminación. Repartiranse do seguinte xeito:
1500€: Gastos deseño e material escenografía
1000€: Gastos deseño e material vestiario
1000€: Gastos deseño e material de iluminación
Calendario Previsto
O proxecto estreouse o pasado 2 de Outubro. Contar coa vosa colaboración permitirá que a compañía poda sobrevivir e ter viabilidade económica.
As vosas recompensas recibirédelas nos vosos domicilios unha semana despois do peche da campaña.
As nosas redes
Por se lle queredes botar un ollo ao que facemos en Galeatro deixamos as nosas redes:
7 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
mbalama
Suerte
Maria Garcia
Unha obra xenial e moi necesaria. Para tódolos públicos! 🔝
Miguel Grandío
Ganas de gozar de Wombo Combo 🕹🎮. Moita merda!!
Carmen Veciño
Que teñamos Galeatro para rato !!
pablocanedo
Moitísima sorte con este proxecto e, unha vez máis, sinto non poder estar para apoiar en persoa 💋💖
Jose Veiga
💩💩💩💩
Javier Vidal
Moita merda rapaces!