Ola de novo!!
Somos Pancho Lapeña e Nacho Munilla e aqui estamos encantados de atoparvos en Verkami coa cuarta das nosas Guías Definitivas. Desta volta adicada aos animais cubertos de pelo, os mamíferos.
Unha guía ideal tanto para aquelas persoas que non coñecen mamífero ningún (se é que isto fose posible) como para aquelas que os coñecen todos (se é que isto fose realmente posible).
A Guía definitiva dos mamíferos da Galiza é unha obra de divulgación total, da que poden gozar tanto as crianzas coma os adultos, tanto os espíritos románticos como os sistemáticos.
O obxectivo desta Guía
Queremos que as nosas lectoras e lectores se fagan unha idea (boa) de como é a fauna de mamíferos da Galiza. Isto supón dar a coñecer aos mamíferos ignorados, aqueles nos que ninguén repara. E porque gostamos dos desafíos, das causas perdidas e de levar a contraria, a Guía reivindica aos animais perseguidos e deostados: aos roedores, aos morcegos, ao xabarín, ao lobo...
Por que esta Guía?
Esta guía quere ser unha homenaxe ás persoas que estudan os animais de portas para fóra. No campo, no monte, na selva, no mar. Unha homenaxe a unha caste, unha liñaxe que disque está a desaparecer por causa dos avances tecnolóxicos destes últimos tempos. Unha homenaxe logo aos últimos moicanes da zooloxía de campo e moi especialmente ao noso amigo Rafael Romero "Chiño".
Os contidos
Esta guía describe 30 animais mamíferos dos campos e montes da Galiza e recolle algúns dos poemas, contos e fantasías que eles protagonizan. Cada mamífero leva:
a descrición da súa feitura e da súa ecoloxía
un feixe de símbolos
unha ilustración marabillosa a páxina completa
un poema ou canción linda
un conto metade real metade fantástico
Quen somos
Nacho Munilla e Pancho Lapeña comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Tan improbable circunstancia explica o nome que lle dan ao seu proxecto editorial conxunto: sorianourensana de libros.
Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación das paisaxes nas que os mamíferos viven. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a docencia da filosofía. Pancho é un agudísimo observador da natureza, Nacho deféndese mellor na elaboración teórica.
Do destino das vosas achegas
Concretamente, o proxecto consiste na edición de 1000 exemplares dun fermoso libro ilustrado de 120 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) impreso en papel offset reciclado e con cubertas duras de 17 x 24 cm.
As vosas achegas vanse invertir logo en tres partidas.
- Partida grande: Imprenta = 5500 euros;
- Partida mediana: Maquetación = 750 euros;
- Partida pequena: Outros menesteres = 250 euros;
A suma das anteriores partidas debería dar os 6500 euros que marcan o noso obxectivo.
Calendario previsto
Nestes momentos a edición está practicamente rematada coas labores de maquetación a cargo de Masako Hattori. Contamos logo con mandar o libro ao prelo a finais de novembro. Despois haberá que contar con 2-3 semanas de imprenta. Se todo vai ben a xente recibirá o seu libro persoal, único e intransferible xusto ao pechar a campaña.
Reparto das recompensas
Enviaremos as recompensas por correo en sobres con camisa de burgullas. Chegaravos unha notificación a casa para que pasedes a recoller a vosa recompensa pola Oficina de Correos.
+ Info
Dado que non formamos parte de rede social dixital ningunha non temos perfil que vos amosar. Nalgún momento pensamos en abrir un perfil en Facebook mais polo que temos escoitado agora mola máis unha que lle din Instagrammar.
Se vos presta facervos unha idea boa das nosas habilidades editoriais por favor visitade as páxinas dos nosos anteriores proxectos verkamitas: a Guia definitiva das aves da Galiza; a de Peixes e máis a de Anfibios e Réptiles.
podes conseguilas aquí
Varios dos deseños de Pancho pódense contemplar aquí. Nacho desenvolve a súa actividade profesional baixo o paraugas de Munilla Biodiversidade
14 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Yolanda
Enhorabuena por este maravilloso libro.
nufero
:-)
Fátima
plim plim plim salta l´esqu....
Juan Antonio Martín
Ánimo 👏👏👏
Fani & Fuco
Grazas por seguir con outro proxecto ilusionante
GabiDraculina
Que ganiñas! Grazas polo verkami!
GabiDraculina
Que ganiñas! Grazas polo verkami!
GabiDraculina
Que ganiñas! Grazas polo verkami!
Thais Núñez
Xenialidades! Grazas! 💚
Daniel Regueiro
Obrigado. As tres primeiras son fermosísimas.