Olloboi é un Festival Audiovisual orientado a producións audiovisuais de ámbito escolar e académico, desde educación infantil a universitaria.
Recibe traballos de toda Galicia e celebrará este 2016 a súa 7ª edición. Por repercusión e participación (máis de 100 inscritos de toda Galicia e 10 000 visitas na nosa web e redes sociais en cada unha das 2 edicións anteriores) este festival representa xa á canteira do audiovisual galego
Olloboi tamén é unha asociación sociocultural sen ánimo de lucro, fundada inicialmente por profesor@s de secundaria pero aberta hoxe á colaboración de profesionais doutros ámbitos.
Conscientes de que no panorama da cultura galega non hai un recoñecemento explícito das iniciativas audiovisuais escolares, decidimos traballar para premiar a orixinalidade, arte e compromiso de moitos futuros profesionais. Olloboi tén unha clara vocación educativa e creativa, pois persegue a sensibilización social e medioambiental e fomenta o activismo e o traballo colaborativo.
Os custes do festival non son grandes porque capitalizamos o noso traballo: os propios organizadores creamos a aplicación web, levamos a comunicación e publicidade, producimos o evento e realizamos o grafismo. Todo o recadado invéstese na produción do evento, maiormente nos premios das 10 categorías. (Consultar bases en olloboi.com para ver detalles da convocatoria).
A proposta para este ano 2016 é máis ambiciosa cá de anos anteriores, pois pretendemos organizar proxeccións en diferentes centros galegos, 2 xornadas en Boiro que resuman o traballo de anos anteriores, e 1 novo encontro de 2 días entre creador@s (do mundo escolar) e profesionais; incluíndose na programación obradoiros de creación audiovisual, charlas sobre novo cinema galego e ficción, panorama audiovisual actual (segundo a Academia Audiovisual Galega), etc…
Date unha volta pola nosa Videoteca para ver traballos gañadores de anteriores edicións e outros vídeos.
Organización do festival
Olloboi organízase fundamentalmente a través da web do festival: olloboi.com e empregamos o noso Facebook e Twitter para difundir a información.
Os participantes deberán ter o seu vídeo colgado en Vimeo ou Youtube. Ó inscribirse proporcionan a dirección do vídeo xunto con outras informacións. En olloboi.com iranse publicando os vídeos a medida que a organización os revise e valide.
A organización seleccionará @s finalistas de cada categoría e o xurado elexirá @s gañadores, que se darán a coñecer na Gala de entrega de premios que se celebrará na Casa da Cultura de Boiro (A Coruña) o 28 de maio de 2016.
Calendario previsto
Ata 6 de maio: inscrición de traballos en olloboi.com
27 e 28 de maio: Encontro Olloboi 2016 e gala de entrega de premios
A qué destinaremos os cartos
Olloboi é unha actividade sen ánimo de lucro, sacada adiante grazas á colaboración e o esforzo altruísta de moita xente.
É un festival independente, no que os premios e gastos derivados da organización do festival fináncianse a través de donacións de particulares, patrocinios de empresas e comercios locais.
Todos os cartos recadados destinaranse completamente a cubrir os gastos derivados da organización do Encontro e a sufragar os premios (10 categorías).
Cantos máis cartos xuntemos, máis e mellor dotados estarán os premios do festival. A intención é que o balance final de ingresos e gastos sexa cero. Para facilitar a transparencia, publicaremos un resumo das contas en olloboi.com.
As recompensas entregaranse durante a Gala de Entrega de Premios. En caso de non poder asistir enviaranse por servizo de mensaxería á dirección postal que se facilite.
Colabora con nós!! Faite cómplice do noso proxecto!!
Máis información?
En olloboi.com ou na nosa páxina en Facebook
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.