No hay proyectos en marcha, categorías o tags con esta búsqueda...
Pulsa ‘Enter’ para buscar entre todos los proyectos :)
Nacín en Lisboa no fulgor da Revolución dos Caraveis. Concluín o curso de formación de actores na Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa. Máis tarde entrei na École Lassaad, en Bruxelas, onde herdei a pedagoxía de Jacques Lecoq do Teatro do Movemento. A guitarra sempre foi o meu instrumento favorito e perfeccionei a miña voz grazas ás escolas de teatro por onde fun pasando. Hai dez anos que traballo en Galicia como músico e actor a través do Elefante Elegante Teatro. O encontro do teatro coa danza, a música e as artes plásticas é desde hai anos a base do meu traballo artístico.