❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

"Se Lichinga coñeceu Teis..." o libro

Libro de fotografías das experiencias dun do mesmo Teis no inmenso Mozambique.

Suso de Teis

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
74
Aportaciones
1.800€
De 1.800€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Durante un ano vivín e traballei en Lichinga, capital da provincia de Niassa, o norte de Mozambique.

Cando voltei desa experiencia moitas persoas querían coñecer, escoitar aquelas historias acontecidas, compartir momentos.

Así fai dous anos naceu a exposición de fotografías: "Se Lichinga coñeceu Teis...", para tentar amosar parte do vivido.

Agora, animado por moitas persoas queremos publicar un libro que pretende achegar aquela experiencia persoal mediante fotografías e textos nos que conecto os meus dous lugares de referencia. Teis, o barrio que me veu nacer, e Lichinga, a cidade na que vivín en África.

"Se Lichinga coñeceu Teis..." é un libro de viaxe, de vivencias en terras lonxanas, de persoas e lugares, pero sobre todo é un libro de imaxes que sempre levarei na memoria.

O libro está dividido en sete bloques temáticos. Transitando por eles viaxaremos polos Camiños da provincia; poderemos celebrar o Día da Muller Mozambiqueña, dar Paseos polas rúas de Lichinga ollando o día a día, e neses paseos pode que topemos algunhas Crianças co seu sorriso permanente. Observaremos os Animais. Tamén podemos seguir os Traballos que se levaban a cabo no proxecto, e desfrutar deses Momentos de descanso no medio do traballo.

As vosas aportacións

Irán destinadas a imprimir o libro nunha empresa de impresión galega cos certificados de respeto do medio FSC e PEFC.

Tamén se empregarán para imprimir as fotografías escollidas polos mecenas como recompensas.

As recompensas

O libro ten un formato duns 24x17cm, con tapa branda e 64 páxinas, nas que toparemos 57 fotografías (+unha na portada) e os textos que acompañan cada bloque temático.

Nota:Os textos do libro están escritos en galego, a miña lingua materna tan cercana á experiencia Mozambiqueña vivida en portugués, na contraportada do libro toparedes un enlace para poder descargar e imprimir un pequeno cuaderno con tódolos textos en castelán.

Fotografías impresas en papel mate tamaño 22x15cm.

Os nomes de todolos mecenas aparecerán no apartado de agradecementos do libro.

Calendario previsto

Unha vez finalizados os 40 días e conseguida a financiación mínima imprimiremos o libro (de 15 días a 1 mes), unha vez impreso, realizarase un acto de entrega das recompensas en man, e no caso das recompensas que pidan ser enviadas (peninsula), tardarán de 48 a 72horas. O envio de recompensas será feito por mensaxería. Para illas Baleares, Canarias e extranxeiro poñerse en contacto co autor.

Lembrar que se o recadado queda por debaixo da financiación mínima non sei fai cargo algún na tarxeta do mecenas.

+Info

Se Lichinga coñeceu Teis...O libro
O Suso em Moçambique

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

2 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Suso de Teis

    Suso de Teis
    Autor/a

    10 años

    Hola Antía, Gracias por escribir e pola felicidade compartida con esta meta alcanzada!

    Como ben dis o proxecto en VERKAMI xa rematou e está pechado, agora resta imprimir o libro e entregar as recompensas, espero que o antes posible.

    Se te interesa o libro estate atenta o blog do mesmo, pois aparecerá o xeito de conseguilo.

    Para calquera dubida ponte en contacto comigo no meu correo.

    Abraços

  • Antía

    Antía

    10 años

    Chego tarde! Aínda que o proxecto xa rematou, podo facer algunha aportación?

    Noraboa polo éxito!

    Beijos,

    Antía

#01 / Exposición Fotográfica: "Se Lichinga coñeceu Teis..."

Este Venres 24 de Outubro as 18:00 terá lugar a inauguración da Exposición Fotográfica: "Se Lichinga coñeceu Teis..." na Casa da Xuventude de Vigo (López Mora, 31)

Faremos unha charla-coloquio onde falaremos do proxecto de cooperación levado a cabo en Mozambique, das fotografías ou das experiencias vividas polo autor, así como unha presentación pública da campaña de Crowdfunding para conseguir imprimilo libro da exposicón.

Nesta exposición poderase ver todo o material do libro, fotografías e textos acompañando cada un dos sete bloques temáticos.

A exposición permanecerá na Casa da Xuventude ata o día 12 de Novembro.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies