Raiva e Odio #6 Especial Keltfest
Raiva e Odio é un fanzine de só fotos. Vai pola sexta edición e volve ser un número especial. O pasado foi un monográfico sobre o Revuelta Primate, un festival de dous días en Salamanca. Este número conterá fotografías dos dous últimos anos do Keltfest (2014 e 2015).
Foi unha idea da propia xente do Mankal e dos Rockin´ For Tangas.
Pablo aka Jevi, explica que é o Keltfest:
O KeltFest naceu hai xa dez anos, e comezou sendo unha party/concertos/destroy de amigos e dos grupos que alí ensaiabamos e en recordo do Kelt, o can que gardaba o local xunto con Moss... Segue sendo o mesmo conto que por aquel entón, pero cada vez somos máis os grupos que nos unimos a liala no Mankal! este especial de Raiva e Odio é unha proba gráfica do que se masca nesa finde de disfrute e amizade!!!
Dende que fago fotos, esa xente sempre estivo no visor. E xa vin amencer logo dunha brutal noite no Mankal. Con Viven despedimos a Javi no Keltfest do 2013. Moitos recordos. E a idea de poñelos en papel é caralluda. Mostrar a maneira que teñen uns amigxs de vivilo punk pra ollar e recordar batallas pasadas. Por iso considero este número tanto meu coma deles.
Novo formato:
Ata agora foron 12 páx. en papel de 80gr e tamaño A5 horizontal.
Agora serán 18 páx. interiores en 160gr, cuberta en 250gr e tamaño A5 horizontal.
Sairán bandas como Rockin For Tangas, Carcomedhi, Churrerías Mariano, Weed Bug, Buogh, Saldos Arias, Salvaje, Black Conas, The Nightmares, Zangief, etc.
Realizalo por Verkami permíteme chegar a xente de fora que doutra maneira sería moi difícil alcanzar. Isto permíteme máis facilidade á hora de editalo e de xestionar envíos a todos os que queiran unha copia. Tamén me ofrece atinar co número de copias a imprimir, aínda que sempre faga unhas poucas de máis pra ter nos concertos á venda. Editarei en función do número de mecenas.
Pago:
Poderedes realizar o pago por Tarxeta Bancaria
Para os que non podades facer o pago con tarxeta poñédevos en contacto por email ([email protected])
A opción por PayPal queda descartada porque cobra polas aportacions recibidas unha comisión do 3,4% + 0,35€ por aportación
Para todos os proxectos que recaden menos de 800€, Verkami cobra un fixo de 50€ + IVE todo incluido (comisión da conta bancaria). Este vai ser o caso, e os prezos están o máis axustados posible pra facer fronte aos custos.
Ao rematar a campaña de crowdfunding, realizarase o cobro das recompensas e enviaranse os datos postais no caso dos envíos.
Sobre as recompensas:
Tedes unha recompensa que inclúe a camiseta do Keltfest. Fíxose pra décima edición.
Haberá dúas edicións especiais coas primeiras edicións dos fanzines Cheaper than Portugal e Pasen Y Vean, xunto un par de números anteriores do Raiva e Odio (número 4 e especial revuelta primate).
Os que máis anden ao loro levarán o traballo dun tolo ponferradino ou dun tarado asturiano.
Tamén incuirán ambas o número 11 da Revista A Boia, onde me pediron explicar como era este proxecto cando editei o número catro por Verkami.
Opción Cheaper Than Portugal
Opción Pasen Y Vean
Poderase aportar 1 euro como axuda desinteresada. Non existirá copia dixital. Non tería sentido. Pero sí esta opción como apoio ao proxecto. O recaudado por esta recompensa invertirase en editar máis números.
Farei envíos a Portugal. Demorarán un pouco, xa que pra manter o prezo teño que envialos dende alí.
A recompensa dos 10 fotozines está posta pra Distris e Selos que queiran ter copias, pero se conseguides reunir xente podedes aforrar algo con esta opción.
Podedes ver máis fotos no Flickr
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.