Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley...
Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.
Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.
Queredes abrir boca con algunha destas historias? Entrade no blog do 'Bestiario do Vestiario'
QUE PRETENDEMOS?
A edición en papel desta colección de historias nun libro económico e de impecable factura grazas á calidade literaria de Martiño Suárez e o deseño e a maquetación sempre elegantes de Roi Fernández.
Do mesmo xeito, que o libro permaneza como memoria física daquel fermoso proxecto chamado DIOIVO, medio de comunicación dixital independente e en galego impulsado por xornalist@s afout@s e destemid@s alá por 2012.
QUEN SOMOS?
Martiño Suárez (Burela, 1978): o da esquerda da foto. Xornalista, escritor por encarga e músico de Segunda División B.
Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977): o da barba. Xornalista, humorista, actor, novelista, agora editor... unha sorte de feirante renacentista.
PARA QUE QUEREMOS OS CARTOS?
O obxectivo é atinxir os 2.500€ para cubrir os gastos de:
Impresión de 500 exemplares
Deseño e maquetación de Roi Fernández
Promoción e envíos
A posibilidade de comprar o libro por anticipado supón unha maneira de apoiar o proxecto dende o inicio. Verkami ofrécenos unha fermosa xanela para mostrar o espírito do noso traballo e dálo a coñecer a todas as persoas que poidades estar interesadas, para que vos poidades converter non só en compradores, senón tamén en financiadores dun proxecto que vos mola e do que queredes formar parte coa vosa achega.
RECOMPENSAS
As recompensas, alén do propio 'Bestiario do Vestiario', teñen a ver todas elas co noso traballo creativo, realizado sempre dende a autoedición, unha sorte de artesanía cultural pola que apostamos firmemente ao ofrecernos un retorno moito máis enriquecedor no aspecto económico e emocional do noso traballo.
INGE E ROBBIE:Unha novela de Carlos Meixide. Aceda e irónica visión da Galiza dende a mirada estrañada de alguén de fóra (cun desconto de 2€)
ONS: Unha novela de Carlos Meixide. O espírito das novelas dos Cinco de Enyd Blyton na Galiza actual. Terceira edición!!! (cun desconto de 2€)
'DISCO PÓSTUMO' DOS DA RÍA: O derrengueiro díscolo dos reises da canción liviá galegueira?
'GOLF WHISKY' DE GRAMPODER: Logo de entrar na historia do pop galaico con The Homens, Martiño e Roi volveron as andadas cunha nova formación: Grampoder, e nos deixaron esta alfaia de título elegante e embriagador, como a súa música.
Escolle, pois, o teu pack entre as seguintes opcións:
5€ PACK DOMESTIQUE
Bota unha man ao proxecto
- Agradecementos eternos
8€ PACK STAGIAIRE
Súmate ao proxecto desde a base
- Exemplar do 'Bestiario do vestiario' en pdf enviado por correo electrónico
15€ PACK MAURO SILVA
O clásico, o imprescindible, o infalible
Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel
Exemplar en pdf
25€ PACK LEWANDOWSKI
Os que escollan este pack "levan dous" :p
2 exemplares do 'Bestiario do vestiario' dedicados en papel
Exemplar en pdf
25€ PACK ROBERT MILLAR
Enigmático e económico
Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel
Exemplar en pdf
Outro produto a escoller entre:
-'Ons', novela de Carlos Meixide
-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide
-'Disco Póstumo' dos da Ría
-'Golf Whisky' de Grampoder
35€ PACK ALLROUNDER
Un pouco de todo
Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel
Exemplar en pdf
Outros 2 produtos a escoller entre:
-'Ons', novela de Carlos Meixide
-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide
-'Disco Póstumo' dos da Ría
-'Golf Whisky' de Grampoder
45€ PACK ÉPICO
Despois disto xa non queda moito máis que conseguir
Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel
Exemplar en pdf
Outros 3 produtos a escoller entre:
-'Ons', novela de Carlos Meixide
-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide
-'Disco Póstumo' dos da Ría
-'Golf Whisky' de Grampoder
55€ PACK SEXTETE
Lévalo todo e non deixas nada para os demais
Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel
Exemplar en pdf
Pack completo de produtos asociados composto por:
-'Ons', novela de Carlos Meixide
-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide
-'Disco Póstumo' dos da Ría
-'Golf Whisky' de Grampoder
60€ PACK MOURINHO
Aquí mandas ti!
Exemplar dedicado en papel
Exemplar en pdf
Disco de Grampoder
Grampoder tocarán na presentación en Santiago a canción sobre deportistas que ti escollas (e gravarana en vídeo para ti)
300€ PACK CRISTIANO
Todo para ti e só para ti
Exemplar dedicado en papel
Disco de Grampoder
Miniconcerto do autor na túa casa, só para ti
900€ PACK GAZZA
Festa total!
Miniconcerto de Grampoder / do autor na túa casa para ti e dez amigos
Unha botella de cervexa (por suposto belga) para cada convidado
Exemplares en papel para todos os asistentes á festa
CALENDARIO
Queremos ter o libro listo a principios de decembro co obxecto de:
Presentación pública no CULTURGAL (2,3 e 4 de decembro)
Presentación en TREK BICYCLE STORE de Santiago de Compostela o venres 16 de decembro.
Envíos prontos para antes do Nadal, de maneira que o 'Bestiario do Vestiario' sexa o mellor agasallo nestas festas.
+ Info
blog do 'Bestiario do Vestiario'
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.