Monoulious Dop
Somos unha banda do mundo. De vez en cando tocamos por Venus ou Marte pero o que nos gusta é ter os pés na terra.
Levamos anos tocando e subindo videos á nosa canle de youtube e páxina de facebook pero esta vez vamos a por un disco.
Empezamos xa fai 6 anos, pero foi ata fai 3 que empezamos a gañar seguidores
coas nosas parodias de gente de zona la cagalera e Enrique Iglesias jalando. Agora estamos mais enfocados a temas propios para poder rular por todos os festis de Galicia co noso estilo ó que chamamos Golden Broza Atleta (GBA), o que ven sendo, broza de ouro atleta (BOA). Consiste en temas con estribillos pegadizos e música contundente que vos faga brincar. A temática dos nosos temas é gastronómica, desamorosa e climatolóxica. Tamén decir que non olvidamos, nin deixaremos de facer parodias de temas do verán, nin baladas gastroamorosas, que ó fín e ó cabo, son coas que empezamos.
LP Padre
Queremos grabar o noso primeiro LP para que disfrutedes coreando os temas cando nos veñades a ver a un bolo, e tamén para que escoitedes un novo estilo musical chamado "Golden Broza Atleta" dos cales nos sentimos orgullosos de ser os creadores... (Dramatización, pode que non sexa así) :-)
O disco será en formato digipack 2+1 e terá 12 temas con contido extra e colaboración de algún que outro músico ou "cantamañanas" ;-). Será grabado en Bungalow rocords. O deseño será sorpresa ata o momento do seu "lanzamento".
Obxetivo
A finalidade desta campaña, é darlle un acabado agradable e profesional ao noso disco, con un sonido cuidado e sin perder o humor que nos caracteriza. Non só será música para escoitar, tamén sería música para interactuar e botarte unhas boas risotas, con temas cotidianos que nos chega a todas e todos.
Recompensas
Agradeceremos a vosa colaboración con camisolas, pegatas, pósters, o propio cd e a súa descarga dixital... Un punto interesante é que queremos dar unha recompensa mais persoal, é por iso que en certas recompensas daremos fotos exclusivas, ou sexa, nigunha será igual a anterior e todas farán a delicias dos mecenas.
Calendario previsto
As fechas baraxadas para o proxecto serían empezar coa grabación en decembro, para acabar a mediados de xaneiro. Logo o máster unha semana e media máis, e despois, a edición coa que acabaremos o disco, sumándolle un pequeno tempo extra para continxencias, a mediados de febreiro teremos o cd.
Despois prepararemos e organizaremos tódas as recompensas, e deixaremolas listas para o seu envío. Como é a primeira vez que facemos isto, non sabemos o tempo que nos pode levar. É por iso que fixemos unha estimación de que as empezaremos a entregar a finais de marzo. Preferímos dar un tempo de máis aínda que empecemos antes a dalas que non ó revés.
12 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Mon
Autor/a
Jajajaja. Alédanos que nos fagas esa pregunta.
Pois a diferencia reside básicamente, na atención posta nas clases de mecanografía. Tes que ter en conta que xa non son os mismos reflejos que no ano 98. Pero para subsanar o erro, rezaremos un padrenuestro por cada meción.
Un bico enorme.
Oso
Eu só quería saber en qué se diferencia unha Meción dunha Mención
Mon
Autor/a
Ola Rabalexo.
Pois tan pronto acabe o prazo de verkami, arredor do 14 de novembro, empezamos coa grabación do disco. A finais de marzo será cando entreguemos as recompensas.
Desa maneira, empezaremos a primaveira ó ritmo do LPpadre. Ollo, tamén pode ser que pola nosa culpa non pare de chover.
Apertas
Rabalexo
Cando empeza a historia esta??? Queimanme os diñeiros no bolso...
Mon
Autor/a
Ola Andrea. Pois empezamolo o 4 de octubre. San fermín ;-)
Andrea Castro
Que dia comezachedes o crowsfunding?
Mon
Autor/a
Ola Héctor. Ata o de agora non temos calendario erótico, pero si teremos fotos eróticas como recompensa. Total, nadie mira para as fechas nos calendarios eróticos. Se na segunda pregunta te refires a quen é o menos feo do grupo..... Eu, sin duda... Chamábanme Juan "El guapo" Rodrigues, ou tamén "Guapo California".
Se realmente te refires a que é o máis feo do grupo... ter que cargar e descargar os lotes.
Héctor
Teño duas prejuntas: ¿Rejalades aljún calendario erótico? e ¿que é o menos feo do jrupo? jrasias.
Mon
Autor/a
Ola María.
Sí, sería posible recollela en Santiago, e aínda lle tomamos un quinto.
María Maneiro
De escoller algunha das achegas económicas que indican a recollida dos agasallos por conta do mecenas, sería posible que o punto de recollida estivera en Santiago de Compostela?