Ola, mecenas!
Unhas liñas para poñerte ao día de cómo vai correndo a produción do documental **Beiras.
Vivir2veces**, que andamos a facer grazas á túa colaboración. A montaxe avanza paseniña, pero
inexorable. Máis paseniña e menos inexorable do que nos gustaría, pero dedicando o tempo
que deixan as restantes angueiras e que esixe un material tan querido coma o que na rodaxe
fomos apañando.
A montaxe organizámola do seguinte xeito: vamos montando peza por peza os fragmentos que
se van reunir no documental. Eses fragmentos son cada unha das conversas e mais o repaso ás
imaxes e aos lugares escolmados por Xosé Manuel. Facémolo así para mellor xestionar a gran
cantidade de material rodado, e tamén porque, na versión non liñal que chegue a internet,
cada unha desas pezas vai estar dispoñible na súa integridade. Cando concluamos a montaxe
de todos os fragmentos será cando afrontemos o ensamblado final. E iso vai ocorrer, se non
hai novidade, cara a finais de ano.
… leer más
Este venres, día 24, ás 16:30, imos ter ocasión de compartir uns primeiros anacos desta viaxe que está a ser Beiras.Vivir2Veces.
Será no Festival de Cans, en Porriño, onde Jorge Coira participará na sección Fillos de Cans, adicada a que realizadores mostren avances dos proxectos nos que están traballando. E non estará só. O propio Xosé Manuel Beiras compartirá tamén cos asistentes a súa visión deste proceso.
Tedes toda a información na seguinte ligazón:
Festival de Cans: Fillos de Cans
Unha conversa entre Beiras e Ferrín é historia viva de Galicia. Navegamos pola política e a sociedade da nosa terra da man de dous homes de ollada profunda e verbo intenso. Sen cancelas. Citámolos na beira do océano, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. E alí volvemos sentirnos privilexiados por ter propiciado este momento que xa gardamos para sempre.
Esta viaxe con Beiras é un cruce de moitos camiños que queremos compartir con vós. Empezamos este ano indo ata Corrubedo para falar con Manoel Santos(@altermundo) biólogo e coordinador de mobilización de Greenpeace. Militante ecoloxista e altermundista, Manoel fundou a publicación Altermundo e foi un dos promotores do Foro Social Galego. Compartiu con Beiras os outros mundos posibles que agromaron nos Foros Sociais Mundiais e da súa man ollamos o futuro con todas as precaucións debidas. Altermundismo, ecoloxía, futuro en definitiva, ao longo de case dúas horas de conversa nas que ollamos cara adiante cos pés ben postos nesta terra que nos acolle de paso sen que lle prestemos moitas veces a atención que merece".
Ola, mecenas
Perdoade que nestes meses non vos contásemos de cómo ían as cousas coa produción do documental Beiras. Vivir2veces, que tan amablemente estades facendo posible. É unha das débedas que temos convosco. Así que aí vai unha pequena noticia do estado das cousas.
A rodaxe principal está rematada. Iso non quere dicir que, no transcurso da montaxe, que acabamos de iniciar, non se faga conveniente rodar algunha cousa máis. Pero o groso da gravación está feito.
Entre setembro de 2018 e febreiro de 2019 fomos sabendo dos lugares de Beiras –o mar, a casa, Santiago, París…-, vimos algunhas das súas imaxes máis queridas, e asistimos a apaixonantes conversas con xente amiga en torno á cultura, economía, esquerda, artes plásticas, militancia, futuro, ecoloxía, nacionalismo, música... Foi un privilexio e un pracer compartir un tempo con persoas tan cheas de vida.
Nas fotografías que nos vai deixando Clara Coira… leer más
Hai meses xa que comezamos esta viaxe. Un tempo no que case non tivemos ocasión de parar para repasar tantos instantes vividos. E aínda non compartiramos convosco ningún destes momentos. Nos vindeiros días botamos a vista atrás para achegarvos as voltas deste camiño na ollada de Clara Coira. Empezamos pola primeira das conversas rodadas. Cinco amigos arredor dunha mesa. E sobre ela uns cafés, un viño de Porto e unha profunda reflexión sobre a cultura con Flor Maceiras, Luisa Martínez, Miguel Anxo Fernán Vello e Pepe Cáccamo.
Esta fin de semana rematou o noso crowdfunding. Máis de 260 mecenas axudástesnos a poñer en marcha este proxecto necesario e ilusionante. O agradecemento é infinito. A nosa obriga con todos vós tamén. Temos por diante aínda un longo camiño para construir esta historia. E iremos contándovos como continúa a viaxe.
Nestes días iránsevos cargando as vosas aportacións polo medio que seleccionárades (tarxeta ou Paypal). Se tedes calquera dúbida ao respecto estaremos encantados de resolvérvola.
Tamén recibiredes un formulario para que completedes cos datos que desexades que figuren nos títulos de crédito do proxecto, e para que aqueles que a queirades, recibades a factura pola aportación feita. No caso dalgunha das recompensas tamén vos consultaremos sobre o deseño seleccionado.
Permanecemos á vosa disposición para o que queirades.
De corazón, GRAZAS.
E chegou o último día. Case dá vertixe mirar atrás. Máis de 250 mecenas e xa perdemos a conta das mensaxes de ánimo e mostras de apoio. Nunhas horas pechamos unha porta para abrir outra. Coa vosa axuda e na vosa compañía descubriremos o que hai tras dela
3 últimos días de campaña. Quedan preto de 1.000 euros para acadar o segundo obxectivo (12.500) co que poder ampliar os contidos e medios do proxecto. Pero o que é máis importante, quedan 3 días para que ninguén quede fóra desta historia
A só 4 días de rematar a campaña Pepe Coira fainos chegar a cuarta entrega do seu diario desta viaxe. Nela fala das conversas, un dos grandes motores deste proxecto (e das nosas vidas). Cada unha das vosas aportacións axudaranos a contar con máis conversas e máis tempo adicado a elas. Quédannos catro días para seguir sumando minutos.
Asomamos ás páxinas do Faro de Vigo para botar un ollo ao camiño percorrido. Felices pero cheos de responsabilidade. Chegan os últimos días para formar parte desta viaxe
Se chegamos ao segundo obxectivo nos días que quedan queriamos ter cos nosos mecenas algún detalle por pequeno que fose. E aínda que o propósito non é outro que ampliar os contidos do proxecto, de melloralo en todo o posible, queriamos engadir na recompensa un pequeno cariño. Este marcapáxinas incluirase en todas as recompensas que conteñan DVD (que son case todas) se acadamos o novo obxectivo. É cousa cativa, ben sabemos. Pero nela vai todo o noso afecto e agradecemento.
A pouco máis dunha semana de que remate a campaña seguimos a propoñervos novos retos. Contamos xa co mínimo necesario para sacar adiante o proxecto pero subimos o obxectivo final co propósito de mellorar os medios e o tempo da produción. Chegar a 12.500 euros permitiríanos ampliar os materiais do filme e o webdoc. E estamos convencidos de que paga a pena tentalo.
Hoxe é unha data especial. O 25 de xullo é moito día. Moitas veces tennos collido, coma hoxe, traballando. Pero sempre é un orgullo poder facelo en historias que lle queden aos que sigan celebrando este día dentro de moitos anos. No Diario de Pontevedra contan da nosa viaxe, que será realidade grazas a vós e a todos os que aínda teñen uns días para achegarse.
Feliz día
Chegamos. 10.000 euros en menos dun mes. Coa axuda de máis de 210 mecenas que sodes xa patrocinadores dun documental que será realidade polo voso compromiso. Por iso queremos darvos as GRAZAS de todo corazón. Pero SEGUIMOS. E por iso vos convidamos a seguir participando e difundindo este proxecto que é posible pola vosa forza e o voso cariño. A campaña continúa aínda por uns días e cada euro recadado será empregado integramente en ampliar o tempo e os medios que adicaremos a contar esta historia como merece. Gracísimas!
P.S.: Estamos traballando nun pequeno detalle (un pequeno cariño) co que agradecervos a vosa colaboración. Nuns días contámosvos máis.
Tras esta porta da Reboraina temos conversado moito e filmado un pouco. Grazas ás vosas aportacións estamos moi preto de abrir máis portas que deixen entrar toda a luz que precisamos para contar esta historia.
As imaxes están sempre cargadas de significados que non sempre percibimos nunha primeira ollada. E este fotograma, atopado máis que buscado, ilustra ben o que procuramos nesta viaxe. Descubrir a figura da que só coñecemos un reflexo.
Pepe segue a repasar a viaxe. Hoxe cóntanos doutro dos eixos da historia e das vidas de todos nós: os lugares
*Outra entrega, a terceira, deste repaso aos elementos básicos cos que facer o documental Beiras.Vivir2Veces no que andamos. Xa falamos das imaxes. Falemos un chisco dos lugares.
Pensamos en que se pode trazar unha vida polos lugares nos que transcorre, polos territorios –grandes ou pequenos- que sentimos propios. Poden ser o escenario de longos episodios vitais ou de momentos breves, pero decisivos. Nós temos moito deles, e eles teñen algo de nós.
Con Beiras imos percorrer, física ou mentalmente, algúns dos seus lugares máis propios. Falamos de Compostela, claro; ou de París, de Vigo… A lista aínda non está pechada. É un dos traballos que temos pendentes.
Pero xa hai un exemplo –no vídeo que tedes a continuación- do que un lugar pode ser para… leer más
200 persoas e colectivos téñense convertido en mecenas deste proxecto. 200 agradecementos sentidos polo importante de cada un destes apoios. Quedan 15 días para seguir sumando forzas e medios cos que poder contar esta historia. E seguiremos ata o final para que ninguén quede fóra. Grazas a todos e cada un de vós polo soporte, a difusión e o cariño. Continuamos.
Hoxe Vanacco, o noso consultor en crowdfunding, destácanos como campaña da semana e cóntavos como estamos a construír este proxecto. Se queredes saber máis do que hai detrás do proceso botádelle un ollo ao vídeo. Cada día estamos máis preto de conseguilo coa vosa axuda. Pero aínda queda moito por facer.
Os filmes fanse para que a xente os vexa. E nós queremos que este proxecto viaxe, porque tan necesario é facelo como difundilo. Por iso nos ofrecemos a levalo onde consideredes. A acompañalo promovendo o debate e a reflexión aló onde vaiamos. Pareceunos moi acaído propoñer entre as recompensas un cinefórum, con espazo para compartir as experiencias deste equipo e o proceso de construción deste filme do que xa formades parte. E mesmo un obradoiro no que poñer nas vosas mans a nosa experiencia neste terreo para asesorarvos en como afrontar proxectos documentais que vos dean ferramentas para seguir construíndo de forma colectiva e independente a nosa memoria. Se pensades que estas propostas lle poden interesar a alguén non deixedes de dicirllo. Nós estaremos encantados de resolver calquera dúbida e acudir onde nos chamedes.
Onte o informativo de Onda Cero en Galicia pechábase cunha crónica de Eva Míguez sobre a nosa viaxe (a partir do minuto 8). Cada entrevista permítenos reflexionar sobre o importante que é facer este proxecto desde moitos puntos de vista. Na conversa con Eva, xornalista nova e inqueda, reparamos na importancia deste legado para a mocidade, para os que veñen detrás, para os rapaces e rapazas que precisan ferramentas coas que entender e transformar este mundo e esta sociedade que xa lles pertencen. Tamén por eles. Tamén por elas
Nestes días Verkami decidiu destacarnos entre os centos de proxectos que actualmente se desenvolven na plataforma. Non eramos grandes coñecedores do micromecenado antes de empezar esta viaxe, pero estamos convencidos de que é a súa forma natural. Todos e cada un de vós, coas vosas aportacións e a vosa difusión, estades a construír a memoria dun tempo.
Grazas!
Hai xa 20 días que iniciamos esta campaña. E restan outros tantos para acadar o obxectivo de financiar esta historia. Desde a metade do camiño semella moito o andado. Pero aínda é moito o que temos por facer para que ninguén quede fóra deste equipo e desta viaxe.
Juan Oliver publica na sección de cultura do xornal un repaso pormenorizado do proxecto e da figura de Beiras. Aquí vos deixamos o artigo que cremos axuda a entender e transmitir a importancia da historia que temos entre mans.
Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón son os directores de Beiras.Vivir2Veces. Hai un tempo decidiron reunirse en OlloVivo para traballar xuntos en proxectos tan apaixonantes coma este. E están profundamente agradecidos de poder facelo con cada un de vós.
Hoxe é o diario catalán VilaWeb o que nos destaca entre os seus proxectos de Verkami aos que non perder a pista. Lévannos en portada da súa web e facilítanlle os seus lectores esta presentación da campaña
Seguimos!
Hoxe cruzamos oficialmente o telón de grelos :)
La Vanguardia repasa o camiño que levamos andado nestas semanas na vosa compañía e coa vosa forza. Aquí o artigo
Merci!
Imos a pola terceira semana. E queremos convidarvos a ser voceir@s desta iniciativa. Faládelle do proxecto á vosa xente. Axudádenos a chegar a todo o mundo. Que non falte ninguén. Porque tod@s somos necesari@s para contar esta historia como merece.
Chegamos á segunda fin de semana de campaña e volvemos asomar á prensa galega. Deixámosvos ligazóns do que din de nós en El Progreso, Diario de Pontevedra e Galiciaé
Un café. Unha conversa. Unha paixón... Sempre hai unha paixón agromando en reflexións que semellan dirixirse por camiños dos que só el coñece o destino. Este foi un dos primeiros cafés. Unha das primeiras inmersións neste espazo íntimo que queremos descubrir convosco.
Pepe Coira segue a repasar a nosa viaxe no seu diario. Hoxe cóntavos da fotografía, como materia e como experiencia
*Segunda entrega. Xa dixen que o documental Beiras. Vivir2Veces é a mestura de tres elementos: imaxes, lugares e amigos. Un deles, o máis sinxelo de rodar, xa está feito. Xa gravamos con Beiras a parte na que el repasa para nós pouco máis dunha ducia de imaxes significativas da súa vida. A escena que se ve no teaser do documental, na que fala do seu ollar no retrato de bebé, corresponde a ese momento.
Para nós era importante que fose el quen escollese as imaxes, polo que iso ten de revelador. E era tamén importante que fosen poucas, porque iso fai máis valiosa a escolla. Unha ducia, lle pedimos. Ao final, foi algunha máis, que tampouco se trata de ser ríxidos. O día que chegamos a rodar tiña as imaxes sobre un sofá, preparadas nun atado.
… leer más
O legado de Beiras está nas mans da xente. Na medida en que os cidadáns consideren que isto é importante e decidan participar, a súa historia será ou non será.
Deixámosvos ligazón ao artigo no que Gaspar Broullón reflexiona coa xornalista Patricia Pedrido sobre a importancia histórica de cada unha das vosas aportacións.
Pepe Coira repasará nas vindeiras semanas o que estamos a descubrir nesta viaxe. E como bo narrador decidiu empezar polo primeiro día. E polo que supón un crowdfunding desde este lado da barreira.
*O micromecenado é unha vía para financiar proxectos que ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Todas as maneiras de financiar os teñen, claro, pero as do micromecenado son algo particulares. Desde "La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos", levo bastantes experiencias –magníficas e non tanto- como micromecenas. Agora, o proxecto documental Beiras.Vivir2Veces ponme por primeira vez, como socio de Jorge e Gaspar, no lugar do promotor do proxecto. E desde aí vese algo diferente.
Do micromecenado hai dúas cousas que me gustan moito. Unha é que favorece a independencia no traballo de produción. A outra é que apela a algo que adoita pasar inadvertido: a… leer más
Cúmprense os primeiros 7 días de campaña e queremos agradecervos todas as mostras de apoio recibidas. Acadar os 10.000 euros que precisamos nos 40 días dos que dispoñemos pasaba, seguindo as estatísticas deste tipo de financiamento, por acadar 3.000 na primeira semana. E aí estamos.
Queda un camiño aínda moi longo por percorrer. Son moitas aínda as aportacións que precisamos para poder contar esta historia. Pero co voso apoio todo semella posible.
Grazas de corazón.
Seguimos!
Onte tivemos ocasión de conversar con Begoña Vázquez no Sala5 da Radio Galega. A partir do minuto 25 Gaspar Broullón cóntavos un lote de cousas do proxecto
No tempo que levamos preparando esta historia temos conversado moito sobre o mellor xeito de reflexar o espírito do que queriamos contar. Temos falado moito co propio Beiras e con outra xente para empaparnos da esencia desta viaxe e neste camiño, aínda sen cámaras, temos descuberto moitas cousas.
Nunha desas conversas, Miguel Anxo Fernán Vello lembrou a Cicerón: pensar é como vivir dúas veces . Aí estaba. Iso é o que nos ofrece esta historia. Tempo para pensar, para fuxir dos tópicos e afondar na nosa historia e o noso presente valéndonos dunha vida que son moitas vidas.
En Galicia Confidencial veñen de publicar unha entrevista con Jorge Coira, un dos directores do proxecto, sobre o que supón facer Beiras.Vivir2Veces.
Deixámosvos ligazón
Este é o segundo dos deseños elaborados por Serxio Suárez para as acuarelas do proxecto. Outra xoia.
Velaquí o primeiro deseño das acuarelas elaboradas por Serxio Suárez como recompensa para o proxecto. Trátase dunha edición limitada e numerada que nos parece unha auténtica xoia.
Deixámosvos ligazón coa entrevista que onte lle fixo Ana Romaní a Pepe Coira no Diario Cultural da Radio Galega. Os nosos motivos, a vosa importancia e o histórico do proxecto que construiremos entre todos.
A partir do 26'30"
Beiras.Vivir2Veces asoma ao Diario Cultural da Radio Galega
Hoxe a partir das 3 da tarde poderedes oir a Pepe Coira, un dos directores do proxecto, dando máis detalles da campaña e de todo o que temos por diante na sintonía da Radio Galega.
18 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Fernando Tenreiro
Éxitos a todo o equipo neste necesario documental. Saúdos!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Concha do Jas
Os mellores desexos para este proxecto necesario e xusto! Forza e éxito!
Antonio González Rodríguez
É unha obriga. Este pais necesita saber a súa esencia
Antonio González Rodríguez
É unha obriga. Este pais necesita saber a súa esencia
Oscar Sanchez Gracia
Soy de Madrid e internacionalista, pero admiro a este político. Mucha suerte con el proyecto,
Valentí Acconcia
¡Felicidades equipo y a seguir a por todas!
Montserrat Recalde
👏👏👏