Exposición sobre a memoria e o material conservado de Pedro Guimarey Filgueiras (nado en Ferrol en 1905 e asasinado o 20 de setembro de 1936) relativo á súa actividade filantrópica, didáctica, social, literaria e política.
Edición dun catálogo da exposición para a que o grupo de historiadores “Ferrolterra antiga” está a elaborar unha introdución contextualizadora.
Edición dunha lectura dramatizada (audiolibro) da súa obra “Pepa Andrea” a cargo do grupo de teatro da Asociación Sociocultural Muíño do Vento. Esta lectura formará parte tamén do acto de presentación da súa figura e dun programa especial de radio.
Promoción da edición facsimilar dun exemplar desa mesma obra que conta cun apunte autógrafo do poeta J.M. Pérez Parallé atribuíndo a exclusividade da autoría de dita obra a Pedro Guimarey, desfacendo así a confusión creada por Xosé Filgueira Valverde coa súa nota sobre a obra publicada publicada cando recibe un exemplar. Esta edición estará enriquecida con imaxes do manuscrito orixinal da obra e o texto histórico ao que xa fixemos referencia.
Promoveremos tamén o recoñecemento institucional da súa figura
Todas estas edicións e as actividades conexas desenvolveranse en galego.
Sobre nós. Quen somos e como contactar con nós. Coñécenos mellor
A nosa asociación, denominada Asociación Socio-cultural Muíño do Vento, naceu en 2012 ao calor do proceso participativo cidadán iniciado ese ano no Concello de Ferrol.
Temos designada unha comisión para os traballos de recuperación da memoria de Pedro Guimarey Filgueiras que está integrada por:
• Carmen Cuesta: presidenta da asociación e docente vocacional. Dirixiu o traballo de recollida de referencia toponímicas do barrio de Canido que publicou a Asociación.
• Antonio Yáñez: autor de libros como “Don Cosme e o telegrama amarelo”, “Crisóstomo o alifáfaro”,
“Natasha e Dimitri”, “Viaxe a Libunca”, “Xoa” , “Vento galerno”, a obra de teatro “Octavius Augustos” e gañador do último premio Pura e Dora Vázquez de Narración por “Do meu nome e outras trapalladas”.
• César Pita: ex-presidente, encargado do programa de radio quincenal que mantemos na radio libre e participativa Radio FilispiM. Docente xubilado, pero sempre mestre en activo.
• Ánxeles Pernas: outra docente empeñada en difundir o mundo do libro entre os mais pequenos.
• Rafa Aguirrebengoa: secretario da asociación e funcionario en activo.
A Asociación conta coa páxina web: www.muinhodovento.gal
E a conta de facebook: facebook.com/muinhodovento
Residimos no Centro Cívico de Canido (rúa Poeta Pérez Parallé, s/n, 15401, Ferrol) e o número de teléfono para contactar con nós é o: 695 533 984
A que destinaremos as vosas achegas
Pretendemos realizar unha exposición que contará con 30 paneis descritivos da vida, obra e actividade de Pedro Guimarey Filgueiras mais os letreiros informativos sobre algúns aspectos a desenvolver en maior profundidade. Contamos cun presuposto no que o custe desta parte ascende a 900,00€
Esa exposición contará coa edición, limitada a 500 exemplares, dun catálogo que recompilará os datos e imaxes recabados para a realización da exposición. O custo desta edición pode ascender a 1.500,00€
Editaremos tamén un disco coa lectura dramatizada (Audiolibro) da obra “Pepa Andrea” que levará incorporado o estudo histórico sobre a figura do autor da obra. Calculamos o custo desta edición en 2.400,00€.
O obxectivo a recadar ascende a 3.000,00 €.
Calendario previsto
Levamos xa varios meses ensaiando a gravación do disco. A súa gravación material e traballos de posprodución realizarase durante maio e xuño.
Durante os meses de xuño e xullo de 2018 realizaremos a campaña de crowdfunding. Realizaremos tamén as labores de preimpresión dos paneis da exposición e de presentación física do audiolibro.
Na primeira quincena de xullo realizaremos as labores de impresión dos paneis da exposición, catálogo e disco audiolibro.
A partir do 15 de xuño inauguraremos a campaña cun acto de presentación, anunciaremos as datas da exposición, e iniciaremos a planificación da súa rotación polos diferentes concellos da nosa Comarca. A partir do 1 de setembro comezará a fase de retribución das aportacións recibidas na campaña de crowdfunding. O 20 de setembro conmemorarase o 72 aniversario do asasinato.
+ Info. Experiencia previa en proxectos creativos
A Asociación Muíño do Vento xa ten editados diferentes traballos de creación ou relacionados coa historia e a toponimia do noso barrio e cidade.
As nosas publicacións ata agora son as seguintes:
1.- “Lembranzas desde o silencio”, Enrique Barrera Beitia, 2014.
2.- “Toponimia de Canido”, Alumnado de 1º da ESO do IES de Canido, 2014.
3.- Disco “Maio, Maio entra en Canido”, 2015
4.- “Juan García Niebla. Entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán”, Guillermo Llorca Freire, 2015 (edición esgotada).
5.- “Nos páramos da Lúa”, Antón Cortizas Amado, 2016.
6.- DVD “Aproximación a Canido”, 2017
7.- “Alejandro Porto Leis: un alcalde para o pobo en tempos escuros”, Paulino Gasalla Aller, 2017.
8.- “O día que ao Carlos lle fora mal”, Henrique Dacosta, 2018.
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.