No hay proyectos en marcha, categorías o tags con esta búsqueda...
Pulsa ‘Enter’ para buscar entre todos los proyectos :)
A Asociación Socio-cultural Muíño do Vento, naceu en 2012 ao calor do proceso participativo cidadán iniciado nese ano no Concello de Ferrol. Desde a súa constitución ven traballando no barrio de Canido de Ferrol a prol da recuperación da memoria histórica, a difusión de iniciativas e propostas culturais relacionadas co barrio, Ferrol e Galicia e a defensa da nosa lingua. Para iso realizamos charlas, organizamos exposicións, convocamos un certame anual de participación literaria dos alumnos e alumnas dos centros do barrio ao que denominamos "Inventa unha Flor"e participamos activamente en todas as celebracións propias do barrio colaborando estreitamente coa Asociación Veciñal.