O Xogo das Parellas, xogo de memoria en galego
O xogo é unha parte fundamental na vida ao longo da infancia. Ter materiais e xogos para que os nenos xoguen usando a lingua galega é clave para a aprendizaxe e a normalización do idioma.
O proxecto "O Xogo das Parellas" é un proxecto para facer unha versión galega deste tradicional xogo de memoria, dende un enfoque no que se traballa con vocabulario en galego permitindo que os nenos e nenas normalicen o xogo en galego ao mesmo tempo que aprenden.
O xogo, de 18 cartas, ten unha dinámica rápida e divertida, onde os nenos e nenas poden xogar uns cos outros ou cunha persoa adulta que xoga con eles.
Sobre as recompensas
Colaborando coa publicación deste xogo estarás favorecendo a existencia de xogos en lingua galega. Queremos que sexa o primeiro de moitos xogos que editamos en galego, podes axudarnos?
Sobre nós
O proxecto "O Xogo das Parellas" desenvolvémolo Acuto Xuegos y Ediciones, unha iniciativa centrada na publicación de xogos en asturiano e agora queremos propor un dos nosos xogos con máis éxito tamén en galego.
A que asignaremos achegas
O orzamento do proxecto que se propón na campaña baséase nos gastos de deseño, edición e imprenta ademais dos gastos de envío das recompensas.
Calendario previsto
Imos realizar os envíos durante os meses de decembro e xaneiro.
7 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Acuto Xuegos
Autor/a
Moitas grazas Sulker! :)
Sulker
Moita sorte! sempre axudaremos a proxectos con tan boa intención. Un saudo dende Murcia!!
Manu
Matarial!!
Acuto Xuegos
Autor/a
Moitas grazas polos apoios. Estamos achegando ao 50% da meta!
Josè Manuel Illanes Morais
Moita sorte!!
Xosé
Sorte no voso proxecto!!
MMPassarim
Boa sorte co projeto!