O xogo é unha parte fundamental da vida dos nenos. Ter materiais e xogos para que os nenos xoguen na súa propia lingua é clave para a súa aprendizaxe e normalización na súa vida desde unha idade temperá.
O proxecto "Dominó de Animais" é un proxecto para facer unha versión infantil con animais deste xogo tradicional. Utilizar a lingua para aprendela, utilizar a lingua para que os nenos a normalicen na súa vida, son os obxectivos da publicación deste xogo.
O xogo de 28 cartas ten unha dinámica rápida e divertida, onde os nenos poden xogar uns cos outros ou cos adultos. O xogo consiste en xuntar o nome do animal que está nunha tarxeta co seu debuxo que está noutra, facilitándolle ao neno aprender os nomes dos animais e ser consciente do idioma no que xogan.
Sobre nós
O proxecto "Dominó de Animais" está a desenvolver Acuto Xogos e Edicions, unha iniciativa centrada na publicación de xogos en asturiano e agora queremos ofrecer un dos nosos xogos máis exitosos en galego.
Este é o noso segundo proxecto en galego despois de que o ano pasado tamén publicásemos a través de crowdfunding O Xogo das Parellas.
Acuto Xogos e Edicións vén de rematar con éxito outro crowdfunding para facer un xogo trivial en asturiano: vkm.is/cualaye
Podes atopar máis información sobre nós en facebook.com/acutoxuegos
A que asignaremos as contribucións
A cantidade de diñeiro solicitada para a realización do proxecto divídese en: 70% gastos de impresión, 15% gastos de envío, 8% comisións Verkami e 7% custos de deseño.
Calendario programado
En canto alcanzemos o obxectivo mínimo de financiamento, remataremos o traballo de deseño do xogo e cando remate a campaña enviaremos o traballo directamente á imprenta. O xogo entregaríase entre os meses de outubro e novembro.
4 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Ramón Coira Luaces
Boa idea!
Davide Leira
Toda a forza do mundo, e avante toda! As nosas crianzas (e nós mesmxs) precisan deste tipo de iniciativas.
Acuto Xuegos
Autor/a
Moitas grazas! 🙂
anxoscabada
Moito ánimo! Polas nosas crianzas, para que poidan brincar na súa fala. Obrigada por darnos recursos para facelas sorrir.