Sobre o disco
Este novo traballo, titulado 'Canto das Xacias', é un álbum interdisciplinario cunha liña temática principal, a música celtoatlántica, pero que tamén abrangue varios campos relacionados coa cultura galega, como a mitoloxía e a poesía de diferentes autores da nosa lingua.
Composto de 11 cancións, este novo disco busca a inspiración na auga e na mitoloxía que está relacionada con ela.
Para falar da importancia da auga, empregamos un dos seres mitolóxicos acuáticos por excelencia dentro do imaxinario popular galego como fío condutor; as Xacias, a través dunha das poucas lendas que chegaron ata o día de hoxe sobre as Xacias, recollida en Vilar de Ortelle (Ourense) polo seu párroco en 1927, escollimos á protagonista do noso disco: Sabel, a filla dun matrimonio entre unha Xacia e un humano que remata de forma tráxica.
Para as letras das cancións o que fixemos foi rebuscar poemas galegos que adaptamos ás nosas músicas, tentando darlle presencia á poesía galega. A letra da canción 'Lamento de Sabel' é do xa finado poeta pontevedrés Luís Maquieira. Tamén contamos coa poesía de Carles Rivas, poeta catalán que escribiu varios poemas no noso idioma e do cal, collemos unha cantiga de amigo que nos titulamos 'Sabel'. Outro dos poemas que escollemos para este traballo foi o da 'Xacia Valsira', poema de Adela Figueiroa. Na peza da 'Fonte do Demo' seleccionamos unha poesía de Enrique Labarta Pose, recollida na Revista Gallega nº217. Para complementar o traballo escollemos tamén coplas da tradición oral galega como no caso do tema 'O Barqueiro', onde se colleron varias coplas do cancioneiro 'Eu non canto por cantar' de Manuel Rico e Antón Santamarina e na canción 'Birnarem' a cal ten un fragmento dun romance popular que foi recollido por Antonio Fraguas e reconstruído por Ramón Cabanillas.
Ademais de todo isto, neste novo disco contaremos coa colaboración de artistas de renome dentro do panorama musical galego como María Xosé Silvar 'Ses', Bieito Romero ou Nani García entre outros.
A que irán as achegas
Para as colaboracións.
Para os gastos do estudio.
Para a enmaquetación do disco.
Para os deseños do álbum e o merchandising.
Para facer novo material do grupo.
Para pagar a fabricación do disco.
Sobre os envios
Envios Nacionais: Incluídos.
Sobre nós
Dequenvessendo é un grupo que nace no seo da Asociación Cultural Triskell o 2016 en Armentón, Arteixo.
Nun primeiro momento, este proxecto consolídase como un cuarteto de música tradicional que pasa por varias actuacións en Foliadas, Cantos de Taberna e diferentes actos. En 2017 o grupo obtén o 3º posto no XXVIII Concurso de Música Xacarandaina.
Pouco a pouco o grupo comeza a encamiñarse cara a música folk/celta e comeza pouco a pouco a transformarse no grupo actual onde se conta con 6 membros multiinstrumentistas:
Miguel Rosales Reboiras (Acordeón Diatónico e Teclado)
Pablo Rosales Reboiras (Zanfona, Whistle e Gaita)
Miguel Ocampo Bermúdez (Bodhran, Tambor e Percusións)
Bieito Romero Diéguez (Frauta Traveseira e Gaita)
Natahel Regueiro Rodríguez-Arguibel (Guitarras e Teclado)
Irene Cerqueiro Espinosa (Frauta Traveseira, Teclado e Voz)
Dende que comezan pasan por varios festivais como a Carballeira de Zas, Romería de Sisalde, Ortigueira (onde gañan o Concurso Runas 2019 xunto ao gaiteiro xaponés Yuki Kojima) e moitos máis concertos dentro e fora da xeografía galega.
Calendario Previsto
Unha vez remate a campaña enviaranse os discos á fábrica e faremos todo o material (camisetas, chapas, suadoiros e bolsas) segundo os pedidos efectuados ao longo da campaña.
Comezaremos a entregar todas as recompensas en abril.
+ Info
Para seguir a campaña:
- Facebook: enter link description here
- Insatgram: enter link description here
- Twitter: enter link description here
Para dúbidas:
19 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Alfonso López Vázquez
Seguro que será o primeiro de moitos!!! Parabens...
Héctor Menéndez Aneiros
Hecho!
Soni
Adiante
Xaqueline
Muchos éxitos, sois magníficos
María del Mar
Estaremos encantados de disfrutar en casa vuestro primer trabajo! Ánimo!
Manuela
Desexando oilo. Ánimo.
María Maquieira Vales-Villamarín
Precioso proyecto! Deseando verlo materializado y hecho realidad!
Lucía Mata Pose
Espero que este sexa o inicio de algo moi grande e sobre todo moi verdadeiro!!! Moitísimos parabéns e animiño para todos! :)
Ramón Coira Luaces
Apoiade e gozade da cultura galega
Jud
Espero que teñades sorte. Jud.