“Unha folla vermella”. Álbum ilustrado de edición numerada e limitada no que, cunha soa voz, fan unha reflexión crítica sobre o proceso de creación e a vida do creador nun entorno difícil como o de hoxe, as máis das veces sometido a presión do sistema. Crítica extensiva a todas as pólas da arte e que agardamos aniñe nas vosas almas.
Sobre as recompensas
Álbum ilustrado de tamaño final 17,5 x 24,5, a 4/4 tintas en papel estucado mate de 150gr.
Lámina cuberta a 4/0 tintas + plastificado mate 1 cara en estucado de 150gr.
Encadernación cartoné ao cromo con cartoncillo grueso de 2,5mm e lombo recto sen cabezadas a xogo. Tapa dura.
Lámina en A4 estucada 350 gr color
Marcapáxinas "Unha folla vermella"
Sobre eles
O tándem Alonso Beloso (Luz Beloso e Miguel Anxo Alonso Diz), autores cunha interesante traxectoria dentro da literatura galega, que tivo o seu inicio co “O cullarapo Croque” no ano 2012 e “A nena á que non deixaban ser feliz” no ano 2013, constituíndo as primeiras iniciativas de libro galego en VERKAMI.
Posteriormente naceron “O soño de Esther” no ano 2014, “O valente coello que quixo soñar” no ano 2015, “Mel, unha mosca agradecida” no ano 2016 e “Piratas no recreo” no ano 2018.
Os seus libros estiveron entre os máis vendidos en Galicia e algúns deles foron finalistas de premios como “Neira Vilas de libro infantil e xuvenil”, “Issac Díaz Pardo de álbum ilustrado” ou o “Premio Frei Martín Sarmierto”.
Pousamos aquí a ligazón ás Wikipedias de ambos autores nas que podedes ver devagar a súa traxectoria:
Luz Beloso
Miguel Ángel Alonso Diz
Agora regresan a VERKAMI cun novo título: “Unha folla vermella”.
A que destinaremos as vosas achegas
Publicación do álbum ilustrado, impresión das láminas e marcapáxinas e envío de todas as recompensas.
Calendario previsto
En maio do 2020 comezaremos a entregar as recompensas
17 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Miguel Ángel Alonso Diz
Autor/a
Querémosvos agradecer de novo o voso apoio. Sen a vosa participación “Unha folla vermella”
non sería realidade. Se existe é grazas a vós, e isto xa forma parte da historia deste
libro; hoxe e sempre.
Tamén queremos agradecer a vosa paciencia e pedir desculpas pola demora nos
prazos de entrega. A situación que nos tocou vivir afectounos en todas as ordes das
nosas vidas.
Finalmente o libro saíu do prelo e xa o temos fisicamente mais a imposibilidade de
estar xuntos Luz e Miguel Anxo, por diversas circunstancias, provoca que algúns dos
envíos partirán cara os seus fogares nos primeiros días de setembro.
Se calquera de vós quixera telo antes desa data pode pórse en contacto connosco e lle
será enviado dedicado por Miguel Anxo. (Seica algúns tedes a posibilidade de que Luz volo asine en setembro)
Agradecemos novamente que sexades parte fundamental do noso camiño; reiteramos
as nosas desculpas e confiamos en que esta folla vermella aniñe nos vosos corazóns do
mesmo xeito que aniñou nos nosos.
Con pandemia ou sen ela, a creatividade é o celme das nosas almas; a substancia que
nos leva a soñar un mundo diferente; a ferramenta transformadora.
GRAZAS
Miguel e Luz
Miguel Ángel Alonso Diz
Autor/a
Pedimos desculpas pola demora. Xa coñecedes a situación que nos tocou vivir. Informamos que o libro rematou a fase de maquetación e en breve, entra en imprenta. Seguimos traballando!!
Confíamos en que todxs esteades ben. Os nosos mellores desexos convosco.
Luz e Miguel
Marina
Espero tenerlo pronto!!!!
Marina
Espero tenerlo pronto!!!!
DenisVicente
Os proxectos de Luz Beloso sempre pagan a pena! (L)
aprofa
Como resistirse a esa folla de carballo!
ellorca
A por outro novo soño! Grazas aos dous!
cris amoedo
Un pracer
salgarimar
Moita sortiña, chicxs! Unha ledicia que saian adiante estes proxectos que namoran ♥
Angel Luis Utrera Baza
Encantado