❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Festival Polas Bravas

Primeiro festival feminista do sur de Lugo. Axúdanos a facelo realidade porque... Se non podemos bailar, non é a nosa revolución

Polamiuda Chantada

Un proyecto de

Creado en

0
segundos
88
Aportaciones
2.663€
De 2.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Festival Polas Bravas

Somos Polamiúda, unha asociación feminista que leva desde o ano 2017 desenvolvendo a súa actividade na vila de Chantada, organizando actividades formativas, divulgativas e de sensibilización e, cando cómpre, promovendo accións reivindicativas e de rúa.

Instagram Polamiúda

Facebook Polamiúda

Desta volta, traémonos entre mans un festival que non só pretende ser unha canle facilitadora do discurso feminista á veciñanza da nosa contorna, senón tamén unha vía de libre acceso a discursos, producións e contidos culturais alternativos e independentes que non sempre chegan ás vilas que esmorecen como a nosa.

O Festival

Instagram Polas Bravas

A programación de Polas Bravas abrangue un espectro ben amplo de posible público: desde música de mozas novas, ata teatro centrado na música da tradición oral, pasando por poesía para todas as idades, non exenta de ocos para o humor. Múltiples expresións culturais destinadas e accesibles a todas as idades.

Escollimos un elenco de mulleres galegas con moito que contar tanto no eido teatral coma no musical, e que de seguro farán que este festival sexa recordado e poida ter continuidade.

Por que un Verkami?

Presentación Verkami

Nunca -en máis de cinco anos de actividade- solicitamos cartos públicos para o desenvolvemento da nosa acción, no convencemento tamén de que había demasiadas necesidades que cubrir coas mulleres en peor situación ca nós.

Nesta ocasión solicitamos a colaboración das institucións, as empresas da zona e as persoas comprometidas (con este Verkami) porque os nosos fondos non chegan para facer un evento desta magnitude, pero sobre todo polo firme convencemento de que este Festival terá un efecto moi positivo na vila e na contorna.

Se alcanzamos o obxectivo os cartos irán destinados a sufragar diferentes gastos de producción e artistas e servirán sobre todo para que afrontemos o festival con tranquilidade e poñendo toda a nosa enerxía en gozar con vós desta marabillosa proposta.

Recompensas

Todas as recompensas xiran ao redor do merchan do festi. Vós poderedes conseguir merchan único e exclusivo e nós planificar a producción (ademáis de axudarnos a que este proxecto sexa real)

Ademáis, as que escollades POLAS BRAVAS poderedes ter acceso ao suadoiro do festi, que só se poderá conseguir no Verkami.

As recompensas entregaranse no Festival ou na semana posterior aquelas que non puideron ser entregadas en persoa.

Recompensa especial

Todas as aportacións ao proxecto entrarán nun sorteo moi especial. Sortearemos unha ruta para dúas persoas por dúas adegas da zona que teñen mulleres bravas á cabeza: Amedo e Cipreses. Iredes acompañadas pola nosa fotógrafa favorita, Ana Ortega, que inmortalizará a visita nas fermosísimas paisaxes da Ribeira Sacra.

As crianzas que participen tamén terán sorpresa... nuns días desvelarémolo!!

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

6 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Lorena

    Lorena

    más de 1 año

    FORZA¡¡¡

  • susana

    susana

    más de 1 año

    Ánimo Bravas!

  • Juan Ramón Vazquez

    Juan Ramón Vazquez

    más de 1 año

    ánimo e forza!!

  • Vanesa Dosil

    Vanesa Dosil

    más de 1 año

    A tope Polas Bravas!!

  • Ada

    Ada

    más de 1 año

    Moito ánimo bravas !! :) Grazas polo voso traballo. Vémonos o 19

  • oscarabades@gmail.com

    [email protected]

    más de 1 año

    Maravilla de proxecto! Moita merda!💜💪🏽

#07 / Entrega de Recompensas

Bos días a todas!

Non falta nada para vernos xa as caras e pasar un par de días xuntas gozando da marabillosa proposta do Polas Bravas que vós fixestes posible!!!

O venres e sábado no posto de merchan poderedes vir recoller a vosa recompensa e de paso permitirnos agradecervos o apoio en persoa.

As que ainda non comunicastes os talles poderedes facelo ese mesmo día e aproveitar se queredes para levar algo máis do noso fermoso merchan.

Coas que non poidades achegarvos ao festival contactaremos xa pasado o evento para poñernos en contacto para a entrega das recompensas.

Unha forte aperta a todas, vémonos o venres ás 20.00 no Mesón Mogay!

Biquiños

#06 / Grazas pola vosa Colaboración

Cartaz 1º Festival Feminista da provincia de Lugo, en Chantada
Cartaz 1º Festival Feminista da provincia de Lugo, en Chantada

Ola🙋‍♀️

💞 Queremos 𝗰𝗼𝗺𝗲𝘇𝗮𝗿 𝗮𝗴𝗿𝗮𝗱𝗲𝗰𝗲́𝗻𝗱𝗼𝘃𝗼𝘀 a todas as persoas que participástedes na nosa campaña Verkami para financiar o 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗳𝗲𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗽𝗿𝗼𝘃𝗶𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗟𝘂𝗴𝗼. Grazas ao voso apoio, 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 𝘀𝘂𝗽𝗲𝗿𝗮𝗿 𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗼𝗯𝘅𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼 e recadar os 2.000 euros necesarios para facer realidade este proxecto.

📌O Festival Polas Bravas non só pretende ser unha 𝗰𝗮𝗻𝗹𝗲 𝗳𝗮𝗰𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗱𝗶𝘀𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗳𝗲𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗮́ 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝗻𝘇𝗮 da nosa contorna, mais tamén unha 𝘃𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗹𝗶𝗯𝗿𝗲 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗮 𝗱𝗶𝘀𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀, 𝗽𝗿𝗼𝗱𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗱𝗼𝘀 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗶𝘀 𝗮𝗹𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗲 𝗶𝗻𝗱𝗲𝗽𝗲𝗻𝗱𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 que non sempre chegan ás vilas que esmorecen como a nosa.

👉Por isto, a programación de 🅟🅞🅛🅐🅢 🅑🅡🅐🅥🅐🅢 abrangue un espectro ben amplo de posible público: desde música de mozas novas, ata teatro centrado na música da tradición oral, pasando por poesía para todas as idades, non exenta de ocos para o humor. 𝗠𝘂́𝗹𝘁𝗶𝗽𝗹𝗲𝘀 𝗲𝘅𝗽𝗿𝗲𝘀𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗶𝘀 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗶𝗻𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗲 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲𝘀 𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀.

leer más

#04 / Sorteo de dous roteiros polas Adegas Amedo e Os Cipreses acompañadas de Ana Ortega Fotografía

2º Sorteo Festival Polas Bravas
2º Sorteo Festival Polas Bravas

📢📢Xentiñaaa, estamos moi emocionadas de anunciar o noso 𝟮º 𝘀𝗼𝗿𝘁𝗲𝗼 da campaña de crowfunding 𝗱𝗼 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗣𝗼𝗹𝗮𝘀 𝗕𝗿𝗮𝘃𝗮𝘀

Querémosvos agradecer a todas ás que participastes e apoiastes 💟 a nosa causa para facer realidade o 𝟭º 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗳𝗲𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝗿𝗻𝗮.

📌A sopresiña que nos traiamos entre mans é unha experiencia única para dúas persoas: 𝘂𝗻 𝗿𝗼𝘁𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗽𝗼𝗿 𝗱𝘂́𝗮𝘀 das nosas 𝗮𝗱𝗲𝗴𝗮𝘀 favoritas lideradas por mulleres bravas: 𝗔𝗺𝗲𝗱𝗼 𝗲 Os 𝗖𝗶𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝘀. Ademáis, iríades acompañadas da nosa queridiña 𝗔𝗻𝗮 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮📸, quen capturará as fermosas paisaxes da Ribeira Sacra ⛰️ durante a visita.

Se queres ser unha das afortunadas, 𝗽𝗶𝗻𝗰𝗵𝗮 𝗻𝗼 𝗹𝗶𝗻𝗸 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗻𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝗯𝗶𝗼, escolle unha das nosas recompensas con 𝗺𝗲𝗿𝗰𝗵𝗮𝗻 𝗲𝘅𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶𝘃𝗼 do festi e non te esquezas de darlle á seguir 💜 para estar actuliazada das últimas novidades!

Boa sorte💞


19 🅴 20 🅳🅴 🅼🅰🅸🅾, 2023

#03 / SUDADOIROS

Que se ven o frío poñémonos este sudadoiro, suaviño e con estilo, pero moi Brav@!! estamos que pinchamos!!!
Que se ven o frío poñémonos este sudadoiro, suaviño e con estilo, pero moi Brav@!! estamos que pinchamos!!!

#02 / CAMISETAS

Así son as nosas camisetas, Chulíisimas, como non podían ser doutro xeito... non temades vestir de amarelo que por alá por onde fórades iluminaredes o voso camiño!!
Así son as nosas camisetas, Chulíisimas, como non podían ser doutro xeito... non temades vestir de amarelo que por alá por onde fórades iluminaredes o voso camiño!!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies