Edicións Malafera
Malafera é una editorial independente e autoxestionada con sede en Vigo. Despois de dous anos editando libros e fanzines, buscamos ampliar o noso catálogo e profesionalizar o noso labor.
Especializámonos en poesía, pero sentimos debilidade por calquera obra monstrosa, por hibridacións de xéneros e formatos.
Só publicamos obras en galego ou, chegado o caso, edicións bilingües.
Somos transfeministas, antirracistas e antifascistas. Non aceptamos baixo ningún concepto manuscritos ou achegas que difundan discursos de odio.
Coleccións de libros
Traballaremos tres liñas editoriais:
Malafera. Unha colección que mestura poesía con outros xéneros e formatos.
Basilisco. Unha colección de poesía con capas ilustradas polo pintor Ramón Trigo.
Hidra. Unha colección policéfala onde terán cabida volumes moi variados: novela gráfica, álbum ilustrado, ensaio...
Seguen as novidades que presentamos nesta campaña:
A Trasnoite
Esta obra de Adrián Maceda con ilustracións de Jessica Mariño rende homenaxe á literatura gótica e ao cine teenager estadounidense. O autor tráenos un libro de vampiros coming of age, pero tamén un poemario depurado (que non trasnoitado) que xoga coa lingua ata o delirio.
Apatria
Un poemario de Antón Recamán atravesado pola soidade de pertencer a un fogar perdido.
Eventos e obradoiros
Organizaremos recitais, palestras, obradoiros e outros eventos relacionados coa poesía, comezando polo Club de escrita poética, na Morada Cooperativa.
Fanzines
Seguiremos, coma sempre, coa ZinesFera, o fanzine colaborativo que xunta distintas voces e mans ao redor dunha temática concreta.
Recompensas
As recompensas consisten en diferentes packs cos nosos libros e fanzines. Haberá ademais algúns produtos creados para esta campaña: postais con ilustracións de Nerea Vázquez, Helena Quintela e Ramón Trigo, e unha camiseta deseñada por Futuro Final!
Presuposto
O noso mínimo son 2500€, que nos servirán para cubrir:
A impresión dos próximos libros (A Trasnoite, de Adrián Maceda; e Apatria, de Antón Recamán) e do próximo fanzine colaborativo.
Distribución. Un dos principais motivos para este crowdfunding é facilitar que os nosos libros e fanzines cheguen a máis xente. Para isto, destinaremos parte do recadado á creación dunha tenda online, e ao transporte e envío dos exemplares.
O óptimo da campaña son 4000€, para poder destinalos tamén a:
- A adquisición dalgúns aparellos que levamos tempo precisando: un equipo informático, un micrófono e un altofalante.
Quen somos?
Branca Trigo Cabaleiro é unha escritora viguesa. Codirixe Malafera, onde publicou o seu libro Coñecemento do Medo en 2021 e os fanzines Sagrado corazón de Бáба Ягá (2022) e Ω (2023). O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Participou nas obras colectivas A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023) e Alguén nos lembrará (Xerais, 2023); e gañou certames de poesía coma o do Concello de Ames e o da Universidade de Vigo. Organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de Gaivotas.
Alfredo Vázquez, ou 花火, nado na Ribeiriña, estudou filoloxía galega na USC e especializouse en edición filolóxica. Actualmente escribe e codirixe Malafera, onde publicou os fanzines Os catro selos (2021) e Gardar como… (2023). Participou en diversas publiacións colectivas e festivais poéticos. Organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de Gaivotas.
Calendario previsto
Todas as recompensas se enviarán durante o mes de outubro.
11 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Noelia Paz
Sempre con vós <3
malafera
Autor/a
Moitísimas grazas!!! 🖤
Áster
Moitos ânimos!!! 🖤
Constance Hurlé
Ánimo e parabéns!! Sempre adiante
Galaluss
🖤🖤🖤
Silvia Villar Rivera
Avante Malafera!
Adrián
Xa vai a metade! Apenas mediafera máis... 🖤
malafera
Autor/a
Moitísimas grazas polo apoio! De mitos vai a cousa ✨
Eu
Ánimo feras! A por todas! A raíña Boadicea está convosco!
malafera
Autor/a
As autoras de Malafera son mellores todavía 🖤