❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Ecos dun Verán - Webserie en galego

✨ Cantas versións de ti viven na memoria dos demais?✨ Esa é a pregunta que se fai Loaira en "Ecos dun Verán", webserie de ficción e ensaio.

Ecos dun Verán

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
44
Aportaciones
1.136€
De 1.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Ecos dun Verán é unha webserie feita 100% en galego, que mestura ao longo de catro capítulos a ficción co ensaio. Por que? Porque queremos contar unha historia complexa, e a mezcla destes dous xéneros nos permite afondar na temática. A historia desta webserie xira arredor dos conceptos de identidade e autopercepción. Aínda que non é a temática principal, a meirande parte dos personaxes (e do equipo técnico!) son parte do colectivo LGTB+, creando unha representación realista e normalizadora.

Vai sobre esa raiada que todos temos nalgún momento: quen me coñece realmente? Como encaixo cos meus amigos? Fun cambiando co tempo? E a mais complicada de todas: quen son eu?

Este proxecto xurde como moitos outros: da inspiración. A principios de 2023 vimos o piloto doutra webserie, que nos servíu de motivación para lanzarnos a facer unha. Logo de darlle voltas á idea durante un par de meses, decidimos utilizala como Traballo de Fin de Grado, e de alí acabamos sendo finalistas no Premio a Proxecto do Carballo Interplay deste ano. Non conseguimos gañar, pero eso non nos detivo, e agora necesitamos a túa axuda para poder materializar as nosas ideas e facer de Ecos dun Verán unha realidade. Ca produción xa en marcha, nos próximos meses realizaremos a rodaxe e posprodución da serie, con vistas a movela en festivais e estrenala a partir deste verán.

No seu 34 aniversario, Loaira decide revisitar uns videos que gravara durante un verán fai anos, a través dos cales reflexiona sobre quen era ela naquel momento. No seu arquivo persoal queda patente que non todo o mundo a percibía da mesma forma, e a Loaira do pasado ten que lidiar con estas conflictivas versións de si mesma, levándoa a plantexarse: quen é ela realmente?

A través de catro episodios seguimos o desarrollo persoal dunha moza algo perdida na súa vida: acaba de rematar a universidade, non sabe que será das súas relacións e nin sequera está segura de quen é. O material de arquivo ficcional e o ton ensaístico da Loaira de 34 anos permítennos contar unha experiencia complexa pero moi común arredor da indentidade persoal, os roles dentro dos grupos sociais e o autodescubrimento.

Os episodios presentan cada un unhas facetas lixeiramente distintas da protagonista, en función de con quen se relaciona. Exploramos a súa personalidade a través de catro lentes distintas: a súa nai, os seus amigos da infancia, as novas amizades da universidade e, por último, ela mesma.

Loaira describiríase como perfeccionista e independente. A súa prioridade é independizarse e comezar a valerse por si mesma, aínda que o que realmente busca é non ser unha carga para a súa nai. A pesar de que a súa paixón era a astronomía, acaba de rematar a carreira de psicoloxía en busca dun futuro laboral mais seguro.

É unha persoa resiliente, pero viuse obrigada a desenvolver esta faceta desde pequena ao ter que enfrontar varias perdas importantes no seu redor. Isto fai que ás veces poda confundir esta fortaleza coa evasión das súas emocións, pero tamén a fixo empática e comprensiva.

Con 21 anos, decide xuntar aos seus dous grupos de amigos, os do instituto e os da universidade, para facer memorable a fin desta etapa das súas vidas. Usando a súa cámara de video, Loaira consegue captar a súa evolución e crecemento cando esa quedada acaba sendo algo moito máis persoal e importante para ela do que cría nun principio.

Anxo é o amigo mais cercano de Loaira desde o colexio. Eles dous foron os únicos do grupo en estudar un grado, aínda que tiveron experiencias moi distintas, xa que el non formou amizades duradeiras e seguiu moi involucrado no grupo do instituto. Como amante das ciencias, decide estudar química, xa que o seu forte está na lóxica e non na intelixencia emocional.

Bruno é o único do grupo que non seguiu cos seus estudos despois de secundaria, xa que traballa como electricista no negocio do seu pai. Este grupo é un dos seus piares. É moi protector dos seus amigos e teme que o grupo se disolva máis do que xa o fixo cando Anxo e Loira marcharon á universidade.

Rebeca decidíu estudar unha FP sobre animación 3D e videoxogos de forma telemática. Xunto con Bruno manteñen as raíces do grupo orixinal. É moi segura de sí mesma e non lle gusta que outra xente lle poña límites. Mantivo unha relación romántica con Loaira durante algo de tempo no instituto, pero dende entón recuperaron a súa amizade.

Estes tres forman o grupo da vila de Loaira: son a xente coa que creceu e aqueles que a acompañaron durante os momentos difíciles da adolescencia. Pero xa non son o seu único grupo de apoio, xa que agora Loaira conta co seu grupo da universidade:

Coral é unha persoa non binaria e comparte piso con Loaira, polo que é a persoa mais cercana a ela. É moi sensible, o cal ten que ver co seu forte sentido da xustiza social. Adicte ao café e ás conversacións profundas sobre sentimentos.

Fan dos deportes e xogador de baloncesto, mestura esta faceta ca académica, xa que é estudante de psicoloxía. Vive con grandes privilexios, pero interésalle educarse e deconstruírse nos aspectos sociais, aprendendo das vivencias da xente que o rodea. É unha persoa empática e moi sociable.

Samu e Coral coñecen a unha Loaira máis faladora e segura de si mesma, á que lle gusta falar das súas emocións, pero Beca, Anxo e Bruno recordan á Loaira calada, centrada e sensata do instito. Que pasa cando xuntas a xente que te percibe de forma diferente?

Nós somos Álex Tajuelo e María Rego, e somos quenes estamos ideando e desenvolvendo este proxecto. Coñecímonos ao entrar no grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela hai xa catro anos, e tras moitos traballos en equipo e moitos cafés, decidimos embarcranos no noso primeiro gran proxecto como creadores audiovisuais. Ambes estamos escribindo, deseñando e producindo esta webserie, e de cara á rodaxe repartirémonos os papeis de dirección e 1º axudante de dirección, para finalmente realizar a montaxe e postprodución a catro mans.

Sempre tivo un gran interese polo cine e contar historias desde a infancia, e comezou a formarse de xeito autodidacta na edición de vídeo. A piques de rematar Comunicación Audiovisual na USC, conta con experiencia en diferentes ámbitos do audiovisual, especialmente na produción e postprodución, a través do posto de prácticas que ocupa na produtora Brava. Realizou a montaxe e postprodución do proxecto divulgativo Conexión co Reino e do documental Os espellos que miro (Cristela Torres, 2024). Participou como voluntarie no festival Intersección en 2023.

Entusiasmada polo mundo audiovisual e polas historias que este nos permite contar dende pequena, decidíu estudar Comunicación Audiovisual en Santiago e actualmente cursa o último ano do grao. Participou en varios festivais de cine no territorio galego, coma en Intersección 2023 en calidade de voluntariado e no FacomFest 2023 no departamento de Actividades e Público. Actualmente está realizando prácticas na empresa de comunicación SP Media.

Facer un proxecto deste tamaño en solitario é case imposible, por iso arrastramos a algúns dos nosos amigos para que nos axudaran:

Estudante de 4º de Comunicación Audiovisual na USC. Participou no 28º OUFF na categoría de “Fas muvis” como director de fotografía da peza A despedida. Realizou prácticas como bolseiro na CRTVG desenvolvendo tarefas de montaxe en programas como Bicos e bicas, nos resumos de Land Rover e para informativos, tanto no Telexornal de mediodía como en Deportes para a TVG2.

Estudante de 4º de Comunicación Audiovisual na USC. Formouse en cursos de produción artística e creativa a parte de ter coñecementos en ilustración, edición de video, produción, deseño e produción de son. Conta con experiencia en distintos ámbitos entre os que destacan FacomFest - Portavoz en programación, e dirección e produción de diversas curtas de non ficción coas que gañou mellor curta non ficción Fescisa e mellor guión FacomFest 2021.

Traballou na produtora galega Frida Films, e participou, no marco do XII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional impartido por AGARESO, na realización do documental Kalabukú, la semilla del cambio, que comezou o seu periplo por festivais no Festival de Cine de Rivas, gañando o Premio “Valores Sociales”. A súa obra autobiográfica O meu veciño o monstro (2022) foi finalista dos premios Xuventude Crea 2023 e a súa curta de stop-motion Nous sommes tous Marc Thibault (2023) foi seleccionada e proxectada nas xornadas de cine de Saint Denis (París).

Nacida en Neda ten agora 27 anos. Tras 10 anos no mundo da ciencia a vida levouna a participar na rodaxe da webserie 1/2cre, onde namorou do mundo audiovisual. Agora está comenzando a súa formación facendo o curso de Planificación de Produccións Audiovisuais, impartido pola RTVE, e o curso de Iniciación á fotografía na Escola Unitaria De Santiago, impartido por Sol Álvarez.

É de Porriño e ten 20 anos. Aprendeu a maquillar cando chegou a Santiago aos 17. Traballou en bastantes videoclips, como Glass de Helena Egea ou Ao teu carón de Migui Bouzo, en obras de teatro e na web-serie Yo contigo, aparte de nalgunhas bodas e photobooks.

É unha actriz coruñesa. Licenciada en Arte Dramática na especialidade de Interpretación Textual na ESAD de Galicia e en formación continua actoral e de danza. Nos seus últimos proxectos audiovisuais traballa como un dos personaxes principais na webserie 1/2cre, aínda non estreada, como secundaria na webserie Nómades, e como protagonista na curtametraxe Juicio final.

Alberto naceu en Cee no 2002 e fixo teatro e música dende pequeno. Ten traballado facendo pequenos papeis en filmes como La sombra de la ley (2018), e especialmente, participando en series web e curtametraxes, como Pulp air (2023),Terapia de parella (2023) ou Comezar de cero (2023). Compaxina os seus estudos na universidade coa formación en interpretación en Estudio K - Adestramento Actoral, onde leva 3 cursos.

Naceu en Vigo en 1998. Formado como auxiliar administrativo, en 2022 comezou a súa formación interpretativa na escola ACT Galicia, na modalidade de 'Taller Audiovisual'. Realizou un curso intensivo de Improvisación Teatral na 'Escola de impro' en A Coruña e outro curso en 'CV estudio de Interpretación'. Entre os seus traballos están dous capítulos da serie Os Mariachi de Zopilote Produccións para a TVG e as curtametraxes de Estou ata os mesmísimos de Martín Arufe da UVigo, O Marco de Ariadna Frieira da UDC, La fundación para o IES audiovisual de Vigo e obras de microteatro coma Descubrimiento de América e La Consulta. Actualmente é membro da compañía de teatro viguesa 'BuleBule teatro'.

Ten 21 anos e é de Coruña. Estuda 4º curso de interpretación textual na Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia (Vigo). Estudou un ano na LMTA, Lithuanian Music and Theatre Academy (en Vilnius, Lituania) co programa Erasmus. Actuou en teatros por toda España coa Compañía amateur de teatro clásico Noite Bohemia, cun premio a mellor actriz no Concurso Nacional de Teatro Grecolatino (2018) e unha nominación a mellor actriz nos premios Juan Mayorga de Escenamateur (2018).

Mike é unha actriz arxentina nacida no 2002. A súa paixón pola interpretación comezou como actriz de reparto na obra teatral Ah! (2019). A partir diso, ingresou na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto con 17 anos, onde segue formándose despois de graduarse no 2023. Alí pasou por interpretar dende Antígona ata a Adela de La Casa de Bernarda Alba, entre outros. Nos seus últimos proxectos audiovisuais atópase a curtametraxe A Despedida, nominada a mellor curtametraxe polo OUFF, 2023.

É un novo actor lucense nado en 2002, moi apaixonado desde neno ás artes. Formouse en diversas escolas como o Centro del actor o Espazo Aberto, realizando númerosas curtametraxes como Pilar Carvalho. Recentemente, protagonizou a webserie Mediocre e este ano estreará tamén unha longametraxe.

Agora mesmo estamos en plena produción! Xa temos gran parte das ferramentas que necesitamos para a rodaxe, que será durante a primeira quincena de Maio: temos os guións, aos mellores intérpretes que podíamos pedir e un equipo técnico marabilloso.

Unha vez remate a rodaxe, entramos xa na postprodución da serie, que remataremos en Xuño, para poder presentalo como Traballo de Fin de Grado.

Unha vez teñamos todo listo, empezaremos a fase de distribución: queremos mover o proxecto por festivais de cine, antes de estreala en aberto este ano.

Durante o verán xestionaremos tamén tódalas recompensas, para que as poidades ter o antes posible!

Mención nos créditos. Todxs xs meceas aparecerán nos créditos como agradecemento ao voso apoio! Sen vós non sería posible.

Cartel. Podes gañar unha copia do cartel de Ecos dun Verán en formato dixital ou físico, segundo o pack de recompensas elixido.

Pegatinas e chapas cos logos e ilustracións propias da webserie.

Guión piloto. Copia do guión orixinal do episodio piloto de Ecos dun Verán anotado a man por nós, co que te poderás adentrar en como foi o proceso de escritura da webserie.

Polaroids. Como guiño a un dos elementos piar desta serie, o arquivo persoal, poderán obter fotogramas de escenas dos capítulos e/ou do equipo do proxecto en formato polaroid.

Making of. Acceso a un vídeo montaxe do detrás das cámaras en versión extendida e exclusiva para xs meceas que o escollan, mostrando máis de cerca o proceso de produción e postprodución da serie. Poderedes vernos en acción :)

Totebag co logo orixinal da webserie deseñado por Gloria Pavía. Nunca se teñen demasiadas totebags.

Biblia de personaxes. Un documento con todo o que necesitas saber sobre os personaxes: películas favoritas, artista ou música preferidos, estética, anécdotas…

Carta personalizada. Escrita por nós! Para tí! Para agradecerche de forma máis persoal o teu apoio ao noso proxecto <3.

Diario da rodaxe. Imos recopilar un montón de anécdotas durante todo o proceso, e con isto poderás ver a locura que é rodar unha serie en catro días! Será como estar connosco no set.

Este crowdfunding é a nosa principal fonte de financiamento, e servirá para que poidamos producir a serie enteira!

Queremos poder cubrir os costes de produción, que son, esencialmente:

  • O aluguer do espazo no que imos rodar.

  • As dietas e transporte do equipo.

  • Gastos en vestiario, atrezzo e decoración.

  • En caso de superar o noso obxectivo, os fondos destinaranse a pagar ao equipo técnico e artístico, incluíndo á compositora da música orixinal e deseñadora do logo.

Anímate a contribuir!!

Os métodos cos que os mecenas podéis aportar a esta campaña son:

  • Tarxeta: Mediante tarxeta bancaria (crédito ou débito) utilizando a pasarela de pago segura do BBVA. As tarxetas aceptadas son Visa, Visa Electron, Mastercard e Maestro.

  • Bizum: Tedes que ter Bizum activado na app da vosa entidade e ter a clave Bizum para poder realizar compras en comercios electrónicos.

Sobre os cobros

Os cobros realizaranse ao finalizar a campaña e sé no caso de haber conseguido ou superado o obxectivo da nosa financiación.

Pódenos atopar aquí:

Insragram: @ecosdunveran

Twitter: @ecosdunveran

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

4 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • María Rego

    María Rego

    7 meses

    De parte de Manu Fontal <3

  • No-las duas

    No-las duas

    7 meses

    Ánimo e sorte!

  • Patri

    Patri

    7 meses

    Rosana

  • blancanv

    blondyus

    7 meses

    Moito ánimo!!

#02 / Actualización das recompensas!

Como vimos de anunciar por instagram, acabase de descubrir que gañou o sorteo da camiseta exclusiva de Ecos dun Verán por estar entre as 15 primeiras mecenas. Parabéns e grazas por ser das primeiras persoas en apoiar este proxecto ❤

Tanto esto como o resto de recompensas están en proceso, e nos proximos días pedirémosvos por correo a información necesaria para facervos chegar os vosos packs ✨ Aproveitamos para informar de que a última recompensa en chegar será o making off, xa que vai ser un vídeo moi especial que inclúa todo o percorrido que teña esta aventura.

Grazas a todes polo voso apoio, apertas!

#01 / ACTUALIZACION DO PROXECTO ✨

Ola!! Desculpade que tardaramos tanto en actualizarvos, estabamos xestionando a defensa do TFG. Agora que eso xa está sobrepasado, queríamos contarvos como vai indo o proceso.

Primeiro de todo, moitísimas grazas polo voso apoio. Significa moito para nós que quixerades aportar a este proxecto. Durantes estes dous meses de verán xestionaremos as vosas recompensas, así que estade atentos para cando vos cheguen os formularios!

A serie está xa moi avanzada! Estamos nestes momentos finalizando a postprodución dos episodios, mellorando a montaxe, a cor e o son. Cando rematemos con iso, poderedes ver a serie en exclusiva, antes de que comecemos a mandala a festivais :)

Irémosvos contando como vai todo, e avisaremos cando teñades acceso aos episodios.

Grazas de novo polo voso apoio!

Álex e María - Equipo EdV

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies