Que é o Facom Fest?
Volve a 3ª edición do FACOM FEST! Organizado polo estudantado de Comunicación Audiovisual da USC, este festival de contidos audiovisuais busca darlles unha maior vida ás pezas realizadas polos estudantes e conformar un espazo no que compartir os diversos talentos e intereses do alumnado, proporcionando un punto de encontro no que estes poidan comezar a construír a súa rede de contactos, darse a coñecer no sector e gañar unha experiencia práctica máis próxima ao mundo profesional.
O festival terá lugar entre o 25 e 28 de Novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, e constará de dúas seccións principais:
Sección competitiva
- Ficción
- Non ficción
- Videoclips
Sección non competitiva
- De carácter aberto e enfocada só e unicamente á exhibición de obras
A nosa equipa
Todo o noso equipo está formado por alumnado da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC:
- EQUIPO DE COMUNICACIÓN
Laura Besteiro, Daniel Daporta, Bárbara Domínguez, Noa Expósito, Candela Fernández, Marina Ferradás, Clara Gagino, Núria Leyva, Carlos López, Helena Montenegro, María Pouso, María Rodríguez e Carlota Vázquez.
- EQUIPO DE PRODUCIÓN
Sara Calvo, Marta Castro, Daniela Granado, Sara Jiménez, Antón López, Uxía López, Lucía Martínez, Silvia Martín, Ainhoa Puga, Daniel Rodríguez, Raquel Rodríguez, Sara Saa, Uxía Santiago, Laura Somoza e Laura Valeiras.
- EQUIPO DE PROGRAMACIÓN
María González, Andrés Lyon, Uxía Martínez, Mariña Paz, Aira Portos e Andrea Rodríguez.
- EQUIPO DE ACTIVIDADES
Mario Elías Blanco, Carolina Cunqueiro, Cecilia González, Irene Marín, Noa Romero, Ximena Torrón e Clara Violeta.
- EQUIPO TÉCNICO
Rut Arce, Carlota Figueira, Beatriz García, Mauro Jiménez, Josep Riba e Cova Yanes.
A que destinaremos as vosas achegas?
O Facom Fest trátase dun evento moi completo. Temos que cubrir os gastos dos distintos obradoiros e charlas, así como os premios das obras gañadoras de cada categoría. Tamén debemos financiar o transporte e dietas das persoas convidadas e xurado, e adiantar os custos do merchandising, entre outros gastos (espazos, infraestrutura, dominio web, etc.).
Esta campaña é unha das principais fontes de financiamente do festival. Esperamos poder empregar as vosas achegas para mellorar respecto a antigas edicións. Tamén esperamos ter axuda de diversos patrocinios de negocios locais.
Recompensas
Podedes ver na columna dereita (ou na parte superior se estades en móbil) as recompensas das vosas achegas. Os deseños son propios, feitos polo noso equipo de comunicación. Poderedes velos tamén dentro de pouco na nosa páxina de Instagram.
As recompensas serán entregadas presencialmente durante o Festival (do 25 ao 28 de Novembro). Poderedes pedirllas ao noso equipo de produción, que estará no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. En caso de calquera imprevisto, podedes contactarnos polas nosas redes, que atoparedes ao final desta páxina. Mesmo poderase acordar a recollida na facultade noutra data posterior ao festival, en caso de non poder acudir ao evento.
Calendario previsto
Redes sociais
Animámosvos a seguir o proxecto na nosa web e nas distintas redes sociais.
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
María Rego
Mucho ánimo! Seguro que os queda una tercera edición del festi chulísima <3