❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

FACOM FEST - Festival de contidos audiovisuais

Festival de contidos audiovisuais feito por e para estudantes. Do 25 ao 28 de Novembro.

FACOM FEST

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
28
Aportaciones
555€
De 500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Que é o Facom Fest?

Volve a 3ª edición do FACOM FEST! Organizado polo estudantado de Comunicación Audiovisual da USC, este festival de contidos audiovisuais busca darlles unha maior vida ás pezas realizadas polos estudantes e conformar un espazo no que compartir os diversos talentos e intereses do alumnado, proporcionando un punto de encontro no que estes poidan comezar a construír a súa rede de contactos, darse a coñecer no sector e gañar unha experiencia práctica máis próxima ao mundo profesional.

O festival terá lugar entre o 25 e 28 de Novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, e constará de dúas seccións principais:

  • Sección competitiva

    • Ficción
    • Non ficción
    • Videoclips
  • Sección non competitiva

    • De carácter aberto e enfocada só e unicamente á exhibición de obras

A nosa equipa

Todo o noso equipo está formado por alumnado da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC:

  • EQUIPO DE COMUNICACIÓN

Laura Besteiro, Daniel Daporta, Bárbara Domínguez, Noa Expósito, Candela Fernández, Marina Ferradás, Clara Gagino, Núria Leyva, Carlos López, Helena Montenegro, María Pouso, María Rodríguez e Carlota Vázquez.

  • EQUIPO DE PRODUCIÓN

Sara Calvo, Marta Castro, Daniela Granado, Sara Jiménez, Antón López, Uxía López, Lucía Martínez, Silvia Martín, Ainhoa Puga, Daniel Rodríguez, Raquel Rodríguez, Sara Saa, Uxía Santiago, Laura Somoza e Laura Valeiras.

  • EQUIPO DE PROGRAMACIÓN

María González, Andrés Lyon, Uxía Martínez, Mariña Paz, Aira Portos e Andrea Rodríguez.

  • EQUIPO DE ACTIVIDADES

Mario Elías Blanco, Carolina Cunqueiro, Cecilia González, Irene Marín, Noa Romero, Ximena Torrón e Clara Violeta.

  • EQUIPO TÉCNICO

Rut Arce, Carlota Figueira, Beatriz García, Mauro Jiménez, Josep Riba e Cova Yanes.

A que destinaremos as vosas achegas?

O Facom Fest trátase dun evento moi completo. Temos que cubrir os gastos dos distintos obradoiros e charlas, así como os premios das obras gañadoras de cada categoría. Tamén debemos financiar o transporte e dietas das persoas convidadas e xurado, e adiantar os custos do merchandising, entre outros gastos (espazos, infraestrutura, dominio web, etc.).

Esta campaña é unha das principais fontes de financiamente do festival. Esperamos poder empregar as vosas achegas para mellorar respecto a antigas edicións. Tamén esperamos ter axuda de diversos patrocinios de negocios locais.

Recompensas

Podedes ver na columna dereita (ou na parte superior se estades en móbil) as recompensas das vosas achegas. Os deseños son propios, feitos polo noso equipo de comunicación. Poderedes velos tamén dentro de pouco na nosa páxina de Instagram.

As recompensas serán entregadas presencialmente durante o Festival (do 25 ao 28 de Novembro). Poderedes pedirllas ao noso equipo de produción, que estará no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. En caso de calquera imprevisto, podedes contactarnos polas nosas redes, que atoparedes ao final desta páxina. Mesmo poderase acordar a recollida na facultade noutra data posterior ao festival, en caso de non poder acudir ao evento.

Calendario previsto

Redes sociais

Animámosvos a seguir o proxecto na nosa web e nas distintas redes sociais.

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

1 comentario

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • María Rego

    María Rego

    26 días

    Mucho ánimo! Seguro que os queda una tercera edición del festi chulísima <3

Volver a todas las actualizaciones

#01 / Últimos días!

Bos días a todos e todas. Estamos a piques de acadar o noso obxectivo e quedan 4 días para rematar a campaña. Este luns ás 18:00 pecharemos o Verkami.

Mil grazas polas vosas achegas ao festival! Pronto subiremos ás nosas redes a grella de programación coas obras inscritas e as actividades que, grazas ao voso apoio, poderán levarse a cabo.

Queda só un 25% para completar o bote e confiamos en conseguilo. Toda a difusión será moi benvida. Agardamos vervos no Facom Fest e desfrutar xuntos deste evento!

Unha gran aperta,

o equipo do Facom Fest.

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#01 / Últimos días!

Bos días a todos e todas. Estamos a piques de acadar o noso obxectivo e quedan 4 días para rematar a campaña. Este luns ás 18:00 pecharemos o Verkami.

Mil grazas polas vosas achegas ao festival! Pronto subiremos ás nosas redes a grella de programación coas obras inscritas e as actividades que, grazas ao voso apoio, poderán levarse a cabo.

Queda só un 25% para completar o bote e confiamos en conseguilo. Toda a difusión será moi benvida. Agardamos vervos no Facom Fest e desfrutar xuntos deste evento!

Unha gran aperta,

o equipo do Facom Fest.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies