FESTIVAL DAS BRÉTEMAS
FestiVal das Brétemas é unha asociación cultural integrada por mozas e mozos do Concello de Ponteareas (Pontevedra).
Comeza a súa andaina na primavera de 2012 froito da falta de actividades culturais e de ocio da nosa comarca.Dende o seu nacemento, apostou claramente pola defensa, apoio e difusión da cultura, música e lingua galega así como o compromiso de dar cabida ás expresións máis ignoradas polos intereses alleos á cultura popular.
A asociación do festival está conformada como un colectivo, aberto a toda proposta de persoas ou asociacións sempre que se atopen desvinculadas de actitudes ou valores sexistas, xenófobos, racistas, relixiosos ou que non respeten ás persoas ou ao medioambiente.
O noso colectivo promove eventos durante todo o ano en diversos rexístros e formatos: música, cinema, literatura, obradoiros, actividades para nenas e nenos e como non, festa, moita festa ate chegar ao mes máis festivaleiro do ano, o bretemoso mes de Setembro, no que concentramos todas as nosas enerxías en organizar un festival onde participan grupos musicais maioritariamente galegos cunha clara vontade reivindicativa.
Dado que somos unha asociación sen ánimo de lucro e sen ningún apoio económico institucional precisamos da solidariedade da xente do noso entorno para poder autofinanciarnos e lograr os nosos obxetivos.
I EDICIÓN DO FESTIVAL DAS BRÉTEMAS
Na I edición do festiVal das Brétemas realizamos múltiples actividades:
-[Xantar Bretemoso popular](
https://www.facebook.com/sonia.villarberdulles?ref=tn_tnmn#!/bretemas.ponteareas/media_set?set=a.256867191122447.1073741830.100003975036223&type=1)
- Roteiro de charangas pola nosa vila.
-Actividades culturais:concertos,proxección de curtas,actividades para crianzas e charlas.
-Festival.Pola nosa I edición pasaron: O Leo i Arremecághona, Residuos Atractivas, Liska e Malas Pulgas.
-Videos promocionais do I FestiVal das Brétemas:
Despexa a túa mente
Corasón de pollito
Bretemópolis
Neste ano xa levamos realizadas diversas actividades:
-Xornadas Bretemoso Culturais Galiza-Palestina
A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS
Precisamos de financiación para a II edición do festiVal das Brétemas nas que se realizaran concertos,proxeccións audiovisuais e actividades culturais, todas elas de caracter gratuíto coa intención de que sexan accesibles a tódolos petos.
As vosas aportacións estarán destinadas a facer posible este proxecto invertindo o recadado específicamente nun equipo de son e iluminación de calidade.Deste xeito os nosos esforzos poderán centrarse en buscar vías de financiación alternativas que nos permitan cubrir o resto dos gastos xerados polas demáis actividades.
CALENDARIO
O roteiro musical pola natureza do Condado mais o xantar popular que forman parte das recompensas terán lugar o sábado 10 de Agosto.
O II Roteiro de Charangas pola vila realizarase a principios de Setembro.
O día grande do FestiVal das Brétemas II será o 28 de Setembro de 2013.
As recompensas entregaranse nun prazo máximo de 2 meses logo de pechar o proceso de verkami.
COLABORADORES
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.