O FESTIVAL
Un ano máis, o Festival Primavera do Cine en Vigo abre a convocatoria para a presentación de películas de produción galega ou de creadores galegas e galegos en tres categorías: Curtametraxe, Longametraxe e Videoclip. A diferencia de outros festivais, poderán optar á Sección Oficial obras de calquera data pasada. Tamén deixar constancia de que se trata dun xurado popular, no que son os espectadores os que deciden cales serán as obras gañadoras.
Xa están seleccionadas as obras da Sección Oficial de éste ano:
Sección Oficial 2014
Exemplo de modalidade de entrada (coa puntuación do 1 o 5 según cada un valore)
A experiencia das dúas edicións anteriores confirma a idea de fondo coa que foi creado o festival: a necesidade de crear novas canles de exhibición para as películas feitas polos profesionais do audiovisual en Galicia e que éstas obras cheguen con normalidade ao seu público.
Dende a primeira edición do Festival tivemos unha asistencia máis que notable e que crece ano tras ano, superando holgadamente o milleiro de persoas. A edición pasada recibíronse 140 obras das que se proxectaron 70, o cal demostra un interese crecente do público galego por coñeceren as películas que se fan en Galicia, con rescursos tanto públicos coma privados.
Nestes dous anos organizáronse exposicións, cine ao aire libre, concertos, xornadas de cine infantil, encontros entre público e directores, ademáis dos debates sobre a situación do audiovisual en Galicia.
CALENDARIO
As datas definitivas de éste ano son: do 4 ó 8 de Xuño (ambos inclusive). Haberá unha sesión de apertura que inclúe un concerto e a proxección, ó aire libre, das obras gañadoras da pasada edición. O longo da semana proxectarase en tres salas: O auditorio do Concello de Vigo, o Marco (Museo de arte contemporanea de Vigo) e unha sala no casco vello onde se pasarán os videoclips e se fará a festa de clausura. O domingo e derradeiro dia desta edición, celebrarase no auditorio do Concello, a Gala e a Entrega de premios; na que haberá unha proxección sorpresa, teatro interactivo en vivo, cotillón, e a participación activa de persoeiros recoñecidos da nosa cinematografía e do mundo da cultura.
OBXETIVOS DAS APORTACIONS
En primeiro lugar, deixar claro que todas as aportacións destinaranse, única e exclusivamente, á mellora da calidade do Festival en sí mesmo, xa que estamos a falar dun Festival sen ánimo de lucro.
O presuposto mínimo - 2100 € (sen incluir I.V.A e porcentaxe para Verkami) - estaría destinado a:
- Deseño e maquetaxe de cartaces, programas, entradas e librillos informativos
950€
- Desprazamentos e dietas dos invitados especiais
450€
- Organización da gala e festa de peche
700€
O presuposto óptimo incluiría:
Alquiler de equipos, Montaxe dos bloques dos cortos, Animación da cabeceira do festival...
A nosa única fonte de financiación chéganos a través de pequenos patrocinadores a cambio de publicidade. O resto, coma as salas de proxección, camisolas, mupis promocionais, augas, catering, concerto, grupo de teatro, proxeccionistas... conseguímolo mediante colaboracións (Voluntarios, Concello de Vigo, Marco (museo de arte contemporáneo), Reencanto producións, Musiquina 33)
PRENSA
Reflexión de Fernando Franco sobre o noso Festival e o cine en Galicia. Faro de Vigo do Domingo, 18.05.2014
RECOMPENSAS
A meirande parte das recompensas entregaranse antes da celebración do Festival, xa que están directamente relacionadas co mesmo. As recompensas restantes poderíanse materializar a partires da seguinte semana da súa celebración.
modelo de bono
modelo camisolas
Tede en conta que podedes deducir na renta as vosas aportacións, e lembrarvos, que se non se alcanza o mínimo do presuposto desexado, éstas non se farán efectivas. Podedes canxear as vosas recompensas na entrada do Auditorio do Concello no horario do Festival. E no caso de non poder vir, ou de que utilicedes as recompensas para facer un agasallo, podes ceder a tua recompensa a outra persoa, sempre que nos avises con anterioridade (para evitar fraude).
Animarvos a que colaboredes neste intercambio e podades disfrutar dun Festival de calidade (conseguindo as entradas máis baratas e algún agasllo extra), no que sodes unha parte esencial, xa que da axuda de moitos poucos e desta plataforma, depende o resultado final do mesmo.
Por que nestos tempos que corren, a nosa cultura vai subsistindo grazas as vosas diferentes colaboracións. Colabora ou difunde a nosa mensaxe (que para nos xa é un agasallo)!! . Anímate a vir!!. Grazas de todo corazón.
E non dubidedes que estamos á vosa disposición para calquera consulta (adxunto enlaces abaixo).
O Equipo
CONTACTO
Teléfono: (+34) 658 205 589 David Linares / (+34) 655 683 124 Ana Laura Pereira
Mail Festival [email protected]
Twitter Festival primaveradocine@primaveradocine
Web Festival
Facebook Festival
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.