❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Sira e o robot II: Crazy Times on Planet Earth

"Sira e o robot" é unha opera pop futurista en galego e inglés. Este libro-disco combina, ao igual que o anterior, cancións, narración e debuxo. Para todas as idades, para idades escolares, será unha achegamento lúdico e didáctico ao inglés, e un proxecto de culto para os adultos.

Sira e o robot

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
84
Aportaciones
4.766€
De 4.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, con ilustracións de Iván Sende, é a segunda entrega do musical futurista Sira e o robot, proxecto único no mundo no que conviven en harmonía galego e inglés. A obra que che propoñemos adquirir consta dun libro ilustrado de máis de 120 páxinas e dun cd de audio de máis de 50 minutos no que se interpretan os diálogos e as 10 cancións que contén a historia! Tanto as cancións como os propios diálogos son especiais: ofrecen unha linguaxe híbrida, con un freeflow entre o inglés e o galego. Esta fusión pode ser ou moi didáctica ou simplemente pegadiza, interesante e divertida dependendo do nivel de inglés que tes. Chamámoslle galinglego a esa fusión. Podes escoitar unhas cancións do libro-disco anterior para saber como é esta mestura:

Todas elas ambientan unha aventura, chea de emocións, na que os valentes personaxes Sira e o seu robot William se enfrontarán a adversarios tan duros de roer como o malvado Technoduro, the worst villian de Megametrópole, the future President of the USA, un violento tsunami, unha calor asfixiante, etc.

Dez cancións en galego e inglés, un audioteatro interesante e inventivo, debuxos de calidade e basicamente Lots of Fun for the Whole Family! Hai incluso unha pista secreta onde a historia se resolve dunha forma científica!

O elenco da obra está conformado por Xiana Arias, Carlos Blanco, Roi Vidal, Álex Charlón, Sonia García, e os propios Mark Wiersma e Miguel Mosqueira. Da produción musical encargouse o gran Marcos Paino. O disco foi gravado e mesturado nos estudios A ponte, que comanda o máster Tomás Axeitos.

Convidámosche a coñecer este proxecto novedoso e disfrutar del, coa esperanza de que saia do taller á luz do día!

-Mark Wiersma e Miguel Mosqueira

Argumento da historia

Xullo de 2050. Unha vaga de calor causada polo cambio climático chega a Megametrópole, capital de The New Galicia, lugar onde o inglés acaba de ser nomeado lingua cooficial, xunto o galego. Sira e o Robot deciden refrescarse na Cool Cave, nas aforas da cidade.

Alí descubrirán por casualidade os plans radiactivos do malvado Technoduro que supoñen un perigo mortal para o mundo enteiro menos para Hawai, lugar de residencia dos ricos todos do universo.

Ante o gran problema que se aveciña, Sira e William, así se chama o robot, terán que viaxar no tempo e convencer na ONU o presidente futuro of the USA de 2033, Justin Bieber, para que asine o máis importante tratado anti-contaminación nunca antes escrito. Serán quen de conseguilo? 

Todo pasa rápido pero aínda así dá tempo for William to fall in love e de ver en directo World War III.  E por se isto fose pouco poderedes desfrutar de dez cancións en galego e inglés de inspiración urbana nas que se dan cita Rap, R & B, Pop, Reggea, un Reggaeton, Folk, Soul. Non te perdas a nova aventura de Sira e o Robot! 

It's the perfect gift for a family, for summer trips to the beach and for anyone who wants something quirky and unique. . .

A que destinaremos as vosas aportacións

No seguinte pie chart mostramos de forma proporcional a que irá destinado o dineiro:

Sobre as recompensas

As recompensas comezan co libro-disco Sira e o robot: Crazy Times on Planet Earth, libro que conta cunha capa co debuxo do principio deste descrición, o de Sira e William na súa futurgoneta de viaxes temporais, e terá o mesmo medidas físicas que ten o noso libro-disco anterior (abaixo) pero con tapa blanda, Sira e o robot: Adventures on Titan, libro tamén presente en moitos dos packs que ofrecemos. A edición irá numerada (1/500, 2/500, etc.)

O formato e maquetación son de calidade profesional, exactamente como se fixo no libro anterior e pola mesma persoa. Velaí aquí o primeiro capítulo aquí dese libro

Para recompensar as persoas que contribúen algo máis, os autores farán cancións feitas á medida ao redor de algunhas ideas fundamentais, sexa estas unas palabras en ingles que elixes ti para incorparar nunha canción infantil/xuvenil ou outros directrices ao nivel musical. Facémosche unha canción. Outra recompensa che dará a oportunidade de aparecer ti, e a túa voz, dentro do terceiro libro de Sira e o robot!!

Por último as recompensas máis grandes están pensadas para grupos, pubs, salas, cumpleanos, etc.. . . é dicir, para as persoas que queren contratar unha experiencia musical moi especial: trátanse de concertos de Sira e robot nos seus graos de magnitude, dende un concerto íntimo, semi-acustico de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira até formacións musicais e dramáticas (e sobre todo cómicas) máis elaboradas. Por exemplo, a última recompensa inclúe un espectáculo enteiro de cancións, escenografía e títeres, actores profesionais e banda sonora completa de case unha hora--unha verdadeira opera pop futurista!

Calendario Previsto

A tiraxe dos libros e discos terá lugar aproximadamente 25 días despois de alcanzar o financiamento, tempo para completar os procesos de fabricación e pagar as facturas. A partir dese momento procederemos á entrega das recompensas. Na medida que fose posible nos gustaría convidarvos a unhas veladas con música na vosa cidade (ou moi cerca dela) para entregar directamente na man o libro-disco e facer as dedicatorias, no seu caso, nese momento. Se non resulta factible esa situación che enviaremos o producto por correo ou por sistema de teletransportación.

As recompensas relacionadas con concertos, actuacións ou a preparación da túa parte na a gravación do seguinte disco xa empezarán a partir do 15 de setémbro (en agosto estaremos moitas de nós na praia ou de vacacións!). A partir desa data estaremos a vosa disposición.

Información adicional

Para información adicional, podes consultar os seguintes enlaces para información sobre este libro-disco en concreto e o proxecto en xeral.

-Facebook

-Twitter

-Soundcloud

-Blog de Sira e o robot

-Trailers promocionais en Youtube

-Google+

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

3 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Rocío Martínez

    Rocío Martínez

    más de 7 años

    Muchas gracias. Podéis darme un email donde enviar la información por favor.

    El mio es [email protected]. Gracias. Es que es mucha :)

  • Sira e o robot

    Sira e o robot
    Autor/a

    más de 7 años

    Ok, aunque ya tenemos donde publicarlo. Puedes enviarnos vuestra oferta. Un saludo.

  • Rocío Martínez

    Rocío Martínez

    más de 7 años

    Estimados, Estoy interesada en la edición de vuestro libro y me gustaría poder enviaros información. Seguimos muy de cerca Verkami y otros autores han logrado sus objetivos con nuestro apoyo. Si me podéis dar un email os envío la información. Gracias

Volver a todas las actualizaciones

#03 / Unha semana máis / One more week

Ola!

Grazas polas vosas aportacións! Agora estamos no sprint final. Precisamos de 20-30 mecenas máis durante esta semana que vén. Esperamos poder conseguir o obxectivo! Estamos vendo que hai días fortes ou outros máis magros, dependendo de se se comparte o proxecto entre as persoas. Con isto en mente, queríamos animarvos a compartir nas redes esta proposta ou recomendala ás persoas interesadas. Todo o mundo di que Sira e o robot está moi ben, pero que é un proxecto pouco coñecido. A ver se podemos cambiar isto nestes días!

A cousa vai indo. Sobre todo, hai que indicar a mega-aportación que nos chegou desa vila de Lugo que contratou o “The Main Attraction Pack” -o noso espectáculo opera pop futurista-. 1000 €uracos que axudou moito a que estamos onde estamos hoxe!

Pois iso, se coñecedes a algunha persoa a quen lle poida interesar o GALINGLEGO (galego + inglés) do ano 2050, comentádello! Temos moita información na rede xa E pronto a darvos ese prometido libro-disco, camisola, canción ou concerto!

Adxuntamos aquí un ligazón á reportaxe que nos fixeron no Zigzag Diario hai uns días. Gustounos moito como presentaron o proxecto. Esperamos que vos guste:

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/sira-e-o-robot-busca-financiamento-para-unha-segunda-entrega

Máis nada. Apertas robóticas,

-Os autores

Mark, William e Miguel no taller da canción futurista
Mark, William e Miguel no taller da canción futurista

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#10 / Recompensas e Concerto este sábado

Moi boas, xente do 2018:

Queríamos agradecerche a túa participación para publicar o último libro. Pronto haberán máis! ;-). Coidamos que todo está xa en orde. No caso improbable de que non recibiches a túa recompensa, por favor ponte en contacto connosco urxentemente.

Igualmente aproveitamos esta ocasión para invitarche a unha presentación-concerto que facemos este mesmo sábado, día 3 ás 12 da mañá na Librería Pedreira en Santiago de Compostela. Alí estaremos cantando os temas do disco, contando historias e sorteando camisetas!

Apertas,

Mark & Miguel

#09 / Se a máquina camiseteira vai, podemos enviar as recompensas

Boas tardes fan de Sira e o robot,

Estamos á espera de que a máquina de camisetas (ou como lle queres chamar) de Doña Camiseta volve a funcionar para poderte enviar o teu pack con camiseta de S&R. Sentimos moito esta demora. Levan dúas semanas tentando solucionar isto como se de deseñar unha máquina de tempo se tratara. En canto podemos, enviarémoste a túa recompensa. Moi pronto será. Para as outras persoas xa estamos enviando -por correo e por camareirxs de bares- os libros. Se aínda non enviaches un correo verificando a túa dirección, faino porfi, que non temos telepatía (todavía) que seica se inventará no ano 2055.

Mentres tanto aproveitamos para informar de que estaremos en Lugo este sábado, día 4 ás 12:30 na librería trama e o día 9 en NUMAX (Compostela) ás 8 da tarde.

For you English speakers out there: Do not despair. Your book is on the way ;-)

Máis nada. Graciñas e un saúdo do futuro,

Mark Wiersma e Miguel Mosqueira

#08 / Publicado! Como podes recibir o teu libro.

**Prezadx@ amig@,

Temos o pracer de poder enviarte o teu libro-disco Sira e o robot II: Crazy Times on Planet Earth. **Grazas pola túa paciencia. A semana que vén chegarános a derredeira recompensa (camisas que encargaramos) y está todo listo.

Para facilitar o proceso tamén se pode recoller o libro, a partir de xa, nun par de provincias nas librarías onde máis adiante faremos unha presentación-concerto, en concreto, as seguintes:

Lugo: Librería Trama (presentación nov. 4, 12:30)

Pontevedra: Libraría Paz (aínda por concretar)

Vigo: Libraría Andel (aínda por confirmar, nov. 18)

Santiago de Compostela: NUMAX (presentación nov. 9, 7:30)

Se alguen quere recoller o libro adquerido no Crowdfunding nalgunha destas librarias, que nos responda a esta mensaxe con algún contrasinal, nome ou código para nós pasálo á libreir@ para verificar a túa identidade e poderche entregar Sira e o robot: Crazy Times on Planet Earth!leer más

#07 / O libro está no prelo / The book is now being printed!

Xentiña! Ola dende o ano 2050!

Xa pasou o verán e queríamos mantervos ao tanto.

O libro-disco xa está no prelo! The book CD is now being printed! Xa o teremos pronto para distribuír na primeira semana de outubro. Igualmente xa temos as outras recompensas(camisas e libros). A camisa esta diseñada por Lorenheart Design e quedou moi ben. Se alguén máis quere agora unha destas maravillas que nos escriba antes de que deamos o visto bo na “camisería”

En outubro tamén empezaremos unha xira de presentacións polo país adiante. Se prefires recibir o libro en man, avísanos en canto publiquemos as datas das presentacións e desta maneira evitaremos envialo por correo temporal dende o 2050, así nos sae máis barato!

A partir dese momento tamén publicaremos unha lista cos puntos de venda ou recollida.

Os mecenas que pagaron pola canción exclusiva recibirán a recompensa nos próximos días. Tamén nos poremos en contacto directo con quen adquiriu un mini-concerto.

Seguimos informando!

leer más

#06 / Non esquezas de envíarnos a túa información!

Ola! Primeiro (e derredeiro) recordatorio para enviarnos a túa información pertinente (que nomes queres que aparezan nos agradecementos do libro e a talla de camisa [no caso das mecenas de 35€]). Aínda estamos á espera a que nos responden algunhas persoas! Pero a partir do xoves 13 imos ter que enviar todo ao prelo. Ao non telo para esa data poremos o nome para ti, na medida do posible.

Grazas de novo pola túa aportación. Sen ti non sería posible publicar este libro e que o proxecto seguise. Thanx!

Apertas!

-os autores

Mark e Miguel no taller da canción
Mark e Miguel no taller da canción

#05 / Yay! Publicámolo! Só temos 3 preguntas máis. . .

Ola,

En primeiro lugar, querémosche dar as grazas por colaborares no crowdfunding do proxecto Sira e o robot II: Crazy Times on Planet Earth.

Unha vez completada a fase do financiamento, queremos compartir contigo o estado do proxecto e facerche 3 preguntas relacionadas coa túa recompensa.

A 5 de xullo de 2017, o libro disco está pronto para ir ao prelo. Segundo os nosos cálculos debería estar para finais de xullo ou principio de agosto. Así as cousas, precisaríamos saber canto antes:

1) Enderezo no que queres recibir a recompensa. Se non vas estar por ser vacacións, dínolo e mandámoscho máis tarde ou en setembro.

2) Nome co que queres saír nos agradecementos impresos no libro (para mecenas que achegasen 35 euros ou máis). (Isto é o máis urxente)

3) Talla da camisola (mecenas de 35 euros).

Podédenos escribir a [email protected]

leer más

#04 / 3, (2, 1) Liftoff!

Hello Everybody,

Xa vai esgotando o tempo desta inciativa. Levamos 37 días xa. En realidade, a única nova da campaña máis alá de pedir socorro todos os días ;-) é que intentamos ofrecer máis recompensas para alentar o interese xeral. Esta recompensa tomará a forma dun póster para as persoas que contribúne ao proxecto. Pódese ver a xénese desa idea, o seu xermolo na mente dos rapeiros azuis Miguel e Mark neste video divertido:

E se non vos aparece o video por razóns de incompatibilidade, se pode copiar esta ligazón e pegalo no browser: https://www.youtube.com/watch?v=-5R5iZdFnI4.

De novo, rogamos que espallede calquera información sobre o proxecto polas redes e polas bocas galegas. Xa falta pouco! Temos ganas xa de empezar a segunda fase -a mandar o libro e CD a imprenta, a fabricar camisetas, a compoñer cancións, e a preparar os concertos que queremos facer para vós-. Vai ser divertido! Pero aínda temos que superar os 409,00€ que nos faltan . . .

leer más

#03 / Unha semana máis / One more week

Ola!

Grazas polas vosas aportacións! Agora estamos no sprint final. Precisamos de 20-30 mecenas máis durante esta semana que vén. Esperamos poder conseguir o obxectivo! Estamos vendo que hai días fortes ou outros máis magros, dependendo de se se comparte o proxecto entre as persoas. Con isto en mente, queríamos animarvos a compartir nas redes esta proposta ou recomendala ás persoas interesadas. Todo o mundo di que Sira e o robot está moi ben, pero que é un proxecto pouco coñecido. A ver se podemos cambiar isto nestes días!

A cousa vai indo. Sobre todo, hai que indicar a mega-aportación que nos chegou desa vila de Lugo que contratou o “The Main Attraction Pack” -o noso espectáculo opera pop futurista-. 1000 €uracos que axudou moito a que estamos onde estamos hoxe!

Pois iso, se coñecedes a algunha persoa a quen lle poida interesar o GALINGLEGO (galego + inglés) do ano 2050, comentádello! Temos moita información na rede xaleer más

#02 / S&R Making Of Video Production

Moi boas!

Un de vós fíxonos a observación de que o enderezo do playlist no correo na entrada anterior deste blogue estaba mal. Desculpas. Velaí aquí un ligazón correcto que vos levará o playlist:

Igualmente adxuntámovos o seguinte video que explica as características do proxecto:

Moitas grazas de novo polas vosas aportacións e espallade esta iniciativa a outras persoas interesadas por favor!

A big thanks to those who have forked over their dough to the cause of S&R. There's only 26 days left!

Saúde e Sincerely,

-os autores Mark e Miguel

http://vkm.is/siraeorobotII

#01 / Só quedan 28 días!


Ola a todxs!

En primeirísima lugar, grazas polas vosas aportacións! Só queda 28 días nesta iniciativa e aínda estamos agardando un influxo considerable dalgunhas persoas en particular. Igual están na praia estes días e esqueceron de facelo, pero temos que conseguir que saia este librodisco.

Entre hoxe e mañá subiremos un video animando ás persoas para contribuir. Parece ser que a calidade do audio no video non é o mellor do mundo, pero isto é o perigo que se corre co cine experimental :-). Pedímovos, se non é moito pedir, se poderíades difundilo ( share/compartir ) na medida posible ás persoas que lles puidese interesar? Tamén se queredes difundide esta playlist de Youtube onde se pode ver todos os 10 videos de promoción que fixemos: https://www.youtube.com/watch?

Thanks everyone for putting down your cash in advance… leer más

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies