Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, con ilustracións de Iván Sende, é a segunda entrega do musical futurista Sira e o robot, proxecto único no mundo no que conviven en harmonía galego e inglés. A obra que che propoñemos adquirir consta dun libro ilustrado de máis de 120 páxinas e dun cd de audio de máis de 50 minutos no que se interpretan os diálogos e as 10 cancións que contén a historia! Tanto as cancións como os propios diálogos son especiais: ofrecen unha linguaxe híbrida, con un freeflow entre o inglés e o galego. Esta fusión pode ser ou moi didáctica ou simplemente pegadiza, interesante e divertida dependendo do nivel de inglés que tes. Chamámoslle galinglego a esa fusión. Podes escoitar unhas cancións do libro-disco anterior para saber como é esta mestura:
Todas elas ambientan unha aventura, chea de emocións, na que os valentes personaxes Sira e o seu robot William se enfrontarán a adversarios tan duros de roer como o malvado Technoduro, the worst villian de Megametrópole, the future President of the USA, un violento tsunami, unha calor asfixiante, etc.
Dez cancións en galego e inglés, un audioteatro interesante e inventivo, debuxos de calidade e basicamente Lots of Fun for the Whole Family! Hai incluso unha pista secreta onde a historia se resolve dunha forma científica!
O elenco da obra está conformado por Xiana Arias, Carlos Blanco, Roi Vidal, Álex Charlón, Sonia García, e os propios Mark Wiersma e Miguel Mosqueira. Da produción musical encargouse o gran Marcos Paino. O disco foi gravado e mesturado nos estudios A ponte, que comanda o máster Tomás Axeitos.
Convidámosche a coñecer este proxecto novedoso e disfrutar del, coa esperanza de que saia do taller á luz do día!
-Mark Wiersma e Miguel Mosqueira
Argumento da historia
Xullo de 2050. Unha vaga de calor causada polo cambio climático chega a Megametrópole, capital de The New Galicia, lugar onde o inglés acaba de ser nomeado lingua cooficial, xunto o galego. Sira e o Robot deciden refrescarse na Cool Cave, nas aforas da cidade.
Alí descubrirán por casualidade os plans radiactivos do malvado Technoduro que supoñen un perigo mortal para o mundo enteiro menos para Hawai, lugar de residencia dos ricos todos do universo.
Ante o gran problema que se aveciña, Sira e William, así se chama o robot, terán que viaxar no tempo e convencer na ONU o presidente futuro of the USA de 2033, Justin Bieber, para que asine o máis importante tratado anti-contaminación nunca antes escrito. Serán quen de conseguilo?
Todo pasa rápido pero aínda así dá tempo for William to fall in love e de ver en directo World War III. E por se isto fose pouco poderedes desfrutar de dez cancións en galego e inglés de inspiración urbana nas que se dan cita Rap, R & B, Pop, Reggea, un Reggaeton, Folk, Soul. Non te perdas a nova aventura de Sira e o Robot!
It's the perfect gift for a family, for summer trips to the beach and for anyone who wants something quirky and unique. . .
A que destinaremos as vosas aportacións
No seguinte pie chart mostramos de forma proporcional a que irá destinado o dineiro:
Sobre as recompensas
As recompensas comezan co libro-disco Sira e o robot: Crazy Times on Planet Earth, libro que conta cunha capa co debuxo do principio deste descrición, o de Sira e William na súa futurgoneta de viaxes temporais, e terá o mesmo medidas físicas que ten o noso libro-disco anterior (abaixo) pero con tapa blanda, Sira e o robot: Adventures on Titan, libro tamén presente en moitos dos packs que ofrecemos. A edición irá numerada (1/500, 2/500, etc.)
O formato e maquetación son de calidade profesional, exactamente como se fixo no libro anterior e pola mesma persoa. Velaí aquí o primeiro capítulo aquí dese libro
Para recompensar as persoas que contribúen algo máis, os autores farán cancións feitas á medida ao redor de algunhas ideas fundamentais, sexa estas unas palabras en ingles que elixes ti para incorparar nunha canción infantil/xuvenil ou outros directrices ao nivel musical. Facémosche unha canción. Outra recompensa che dará a oportunidade de aparecer ti, e a túa voz, dentro do terceiro libro de Sira e o robot!!
Por último as recompensas máis grandes están pensadas para grupos, pubs, salas, cumpleanos, etc.. . . é dicir, para as persoas que queren contratar unha experiencia musical moi especial: trátanse de concertos de Sira e robot nos seus graos de magnitude, dende un concerto íntimo, semi-acustico de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira até formacións musicais e dramáticas (e sobre todo cómicas) máis elaboradas. Por exemplo, a última recompensa inclúe un espectáculo enteiro de cancións, escenografía e títeres, actores profesionais e banda sonora completa de case unha hora--unha verdadeira opera pop futurista!
Calendario Previsto
A tiraxe dos libros e discos terá lugar aproximadamente 25 días despois de alcanzar o financiamento, tempo para completar os procesos de fabricación e pagar as facturas. A partir dese momento procederemos á entrega das recompensas. Na medida que fose posible nos gustaría convidarvos a unhas veladas con música na vosa cidade (ou moi cerca dela) para entregar directamente na man o libro-disco e facer as dedicatorias, no seu caso, nese momento. Se non resulta factible esa situación che enviaremos o producto por correo ou por sistema de teletransportación.
As recompensas relacionadas con concertos, actuacións ou a preparación da túa parte na a gravación do seguinte disco xa empezarán a partir do 15 de setémbro (en agosto estaremos moitas de nós na praia ou de vacacións!). A partir desa data estaremos a vosa disposición.
Información adicional
Para información adicional, podes consultar os seguintes enlaces para información sobre este libro-disco en concreto e o proxecto en xeral.
3 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Rocío Martínez
Muchas gracias. Podéis darme un email donde enviar la información por favor.
El mio es [email protected]. Gracias. Es que es mucha :)
Sira e o robot
Autor/a
Ok, aunque ya tenemos donde publicarlo. Puedes enviarnos vuestra oferta. Un saludo.
Rocío Martínez
Estimados, Estoy interesada en la edición de vuestro libro y me gustaría poder enviaros información. Seguimos muy de cerca Verkami y otros autores han logrado sus objetivos con nuestro apoyo. Si me podéis dar un email os envío la información. Gracias